Saltar ao contido

Aciñeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aciñeira
 Nome taxon
    Quercus ilex
 Nome curto
    Q. ilex (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Epónimo
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeFagales
 FamiliaFagaceae
 XéneroQuercus
 EspecieQuercus ilex Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Quercus ilex Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   30 m Editar o valor en Wikidata
 Anchura
 Lonxitude
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01yl86 Editar o valor en Wikidata
UNIIC9H3XHV26M Editar o valor en Wikidata
ITIS506536 Editar o valor en Wikidata
OTT272692 Editar o valor en Wikidata
UICN62537 Editar o valor en Wikidata
CoL793PC Editar o valor en Wikidata
EOL1151536 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000291202 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX529264
Wikidata G:Commons C:Commons

A aciñeira[1][2] (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.

Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.

A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.

Os aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.

Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aciñeira.
  2. ↑ Entrada nº 12. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]