Saltar ao contido

Acne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Acne
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Subclase de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Síntomas
 Tratamentos posibles
 Exames médicos
Códigos e identificadores
Freebase/m/0jwqt Editar o valor en Wikidata
MeSHD000152 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC27195 Editar o valor en Wikidata
WordLiftdata.medicalrecords.com… Editar o valor en Wikidata
CIAP-2S96 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB10765 Editar o valor en Wikidata
CIE-111892393023 Editar o valor en Wikidata
CIE-10L70 Editar o valor en Wikidata
CIE-9706.1 Editar o valor en Wikidata
OMIM604324 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000873 Editar o valor en Wikidata
eMedicine1069804 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777673923, C3020476846 e C3020248838 Editar o valor en Wikidata
KEGGH01445 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

A acne[1] é unha dermatose producida pola retención da secreción das glándulas sebáceas, o que causa inflamacións e infeccións no rostro, lombo, peito e ombreiros, máis frecuente na adolescencia, a forma máis común é a acne vulgaris.

A acne vulgar ou acne polimorfo xuvenil, vulgarmente coñecida como espiñas, é a enfermidade cutánea máis frecuente[2] pois afecta ó 80% dos individuos entre os 13 e 19 anos[Cómpre referencia] e pode persistir durante a terceira e cuarta década.

Medicamente é unha enfermidade do folículo pilosebáceo, a súa patoxénese implica: aumento da secreción sebácea, dependente dos andróxenos; isto favorece a proliferación da microflora folicular e trastornos da queratinización folicular. Habitualmente está constituído por diversos elementos como son as propias espiñas, pápulas inflamatorias foliculares que poden estar infectadas (formando pústulas e incluso quistes epidérmicos) e deixar cicatrices de pequeno tamaño que quedarán como lesións permanentes cando a doenza desapareza. As localizacións preferentes das lesións son:

  • Cara.
  • Caluga.
  • Lombos.
  • Costas.
  • Peito.

A inflamación e infección pode levar á formación de abscesos dermo-epidérmicos constituíndo unha forma grave da enfermidade, o acne abscesiforme. Así e todo o habitual é que esta enfermidade curse por gromos sucesivos durante meses ou anos, que no verán mellore de forma espontánea e que desapareza entre os 25 e mailos 30 anos de idade.

É máis frecuente no sexo masculino, mais son as mulleres as que máis consultan sobre o problema.

Existen outros tipos de acne:

  • Acne Rosácea: en mulleres preferentemente despois dos 40 anos. Sobre o nariz e as rexión malares e pode chegar a afectar os ollos (conxuntivite e queratite rosácea).
  • Rinofima: en homes adultos, repetición do cadro de foliculite con seborrea abundante que leva a un aumento do volume do nariz.
  • Outras acnes menos frecuentes:
    • Acne necrótica: en adultos de ambos sexos, localizado no bordo de implantación do pelo.
    • Acne nodular: deixan moitas cicatrices.
    • Acne queloidiana: Foliculite crónica na caluga, deixando unha cicatriz antiestética.
    • Acnes profesionais: En traballadores expostos ó cloro, alcatrán e aceites. Afecta ás áreas en contacto coas substancias.
    • Acnes iatorxénicas: Producidos por medicamentos como anticonceptivos, barbitúricos etc.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acne.
  2. William James Cunliffe, Acne. Taylor & Francis, 1989, páxina 1

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.