Saltar ao contido

Anhima cornuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anhima cornuta
 Nome taxon
    Anhima cornuta
 Nome curto
    A. cornuta (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnhimidae
XéneroAnhima
EspecieAnhima cornuta Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1766 Anhima cornuta Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Envergadura
   170 cm Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   3,9 Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   43 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/03kgb_ Editar o valor en Wikidata
ITIS553901 Editar o valor en Wikidata
OTT767829 Editar o valor en Wikidata
UICN22679723 Editar o valor en Wikidata
CoL66QB7 Editar o valor en Wikidata
EOL45512010 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

Anhima cornuta é unha especie de ave anseriforme da familia dos anímidos, a única incluída no xénero Anhima.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1760 polo Mathurin Jacques Brisson.[1][2]

A especie describiuna Linneo en 1766 baixo o nome de Palamedea cornuta.[1][3]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Do xénero:[1]
    • Palamadea Bechstein, 1791
    • Palamedea Linnaeus, 1766
    • Palamedes Billberg, 1828
    • Palamedia' Fleming, 1822

Notas taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Esta especie xa era coñecida no século XVII,[4] e foi descrita en 1766 polo naturalista sueco Carl Linnaeus na duodécima edición do seu Systema Naturae, co nome binomial Palamedea cornuta.[5]

A especie é hoxe a única situada no xénero Anhima, que foi creado polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[6][7]

O epíteto específico cornuta é a palabra latina para "cornudo".[8]

O naturalista alemán Georg Marcgrave utilizara o nome latino Anhima en 1648 para esta especie na súa Historia naturalis Brasiliae.[9]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Vive ao bordo da auga nas selvas de América Central e do Sur.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Propia de Suramérica, amplamente estendida, as súas poboacións ocupan boa parte de Colombia, Venezuela, Brasil, Ecuador, Perú, as Güianas e Bolivia. Probabelmente extinguida en Trinidad e Tobago.[10]

A pesar de ter diminuído localmente, segue estendida e é bastante común en xeral. A súa área de dispersión no Brasil parece que se expandiu nos últimos anos.[11]

Características

[editar | editar a fonte]

Anhima cornuta é unha ave moi grande, de 84 a 95 cm de lonxitude e 3,5 kg de masa corporal, cun pequeno pico parecido ao dunha galiña. As partes superiores, a cabeza e o peito son de cor negra, con manchas brancas na crista, na gorxa e nas ás cobertoiras. Hai unha longa estrutura espiñenta que se proxecta cara a adiante desde a crista. Esta estrutura é única entre as aves e non deriva dunha pluma senón que é unha estrutura cornificada que está lixeiramente unida ao cranio e que crece continuamente mentres se rompe a miúdo na súa punta.[12] Isto dálle o seu nome a esta especie. Ten as patas moi longas e tres dedos grandes en cada unha. O ventre e as cobertoiras debaixo das ás son brancas. Ten dous esporóns afiados nas súas ás, e os pés só están parcialmente palmados.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Adoitan andar en parellas ou pequenos grupos familiares. Constrúe niños flotantes nos esteiros e descansa sobre árbores altas. Pasa a maior parte do tempo pastando sobre a vexetación flotante ou descansando sobre a copa das árbores, desde onde emite sons guturais que lle serven para demarcar o seu territorio.

Tenden a agruparse, pero son na súa maior parte semisociais, e son bastante sedentarios.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Como ave herbívora representa, xunto coas aves fruxívoras, granívoras e nectarívoras, o nivel dos consumidores primarios da cadea trófica nas chairas colombovenezolanas. Aliméntase de diferentes partes das plantas: brotes, follas tenras, raíces, flores e froitos.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, e a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación pode ser de moderadamente pequeno a grande, pero non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[10]

  1. 1 2 3 4 Anhima Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 20 de o 20 de outubro de 2022.
  2. ↑ Anhima Brisson, 1760 na BioLib. Consultada o 20 de o 20 de outubro de 2022.
  3. ↑ Anhima cornuta (Linnaeus, 1766) na BioLib.
  4. ↑ Grew, Nehemiah (1681): Rarities belonging to the Royal Society, p. 65.
  5. ↑ Linnaeus, Carl (1766): Systema naturae per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Vol. 1 (12ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 232.
  6. ↑ Brisson, Mathurin Jacques (1760): Ornithologie, ou, Méthode Contenant la Division des Oiseaux en Ordres, Sections, Genres, Especes & leurs Variétés (en francés e latín). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Vol. 1, p. 48, Vol. 5, p. 518.
  7. ↑ Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List Version 9.1. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Screamers, ducks, geese, swans". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union.
  8. ↑ Jobling, J. A.; del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D. A.; de Juana, E., eds. (2019): "Key to Scientific Names in Ornithology". En Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
  9. ↑ Marcgrave, Georg (1648): Historia naturalis Brasiliae. Vol. Liber Quintus: Qui agit de Avibus. Lugdun et Batavorum (Londres e Leiden): Franciscum Hackium and Elzevirium, p. 215.
  10. 1 2 BirdLife International (2016): Anhima cornuta na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 20 de outubro de 2022.
  11. ↑ Piland, N. (2020): Horned Screamer (Anhima cornuta), version 1.0. In Birds of the World (T. S. Schulenberg, Editor). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.
  12. ↑ Stettenheim, Peter R. (2000): "The Integumentary Morphology of Modern Birds—An Overview". American Zoologist 40 (4): 461–477.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]