Saltar ao contido

Burlöv

Burlöv
 Nome curto
    Burlöv (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Forma xurídica
 Cargo dirixente
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q16506215 Traducir (1863 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
17.778 (2017)
17.954 (2017)
18.073 (2017)
18.131 (2018)
18.191 (2018)
18.306 (2018)
18.360 (2018)
18.449 (2019)
18.646 (2019)
18.872 (2019)
19.112 (2019)
19.211 (2020)
19.262 (2020)
19.197 (2020)
19.312 (2020)
19.469 (2021)
19.634 (2021)
19.758 (2021)
19.753 (2021)
19.793 (2022)
19.809 (2022)
19.874 (2022)
19.882 (2022)
19.927 (2023)
19.803 (2023)
19.887 (2023)
19.844 (2023)
19.904 (2024)
19.921 (2024)
20.032 (2024)
20.101 (2024)
20.263 (2025)
20.322 (2025)
20.386 (2025)
20.444 (2025)
20.454 (2026)
20.473 (2026)
20.397 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
1.475 (2017)
1.475 (2018)
1.425 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
19,21 km²
18,9 km² terra
19,28 km²
0,31 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap935642 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404349461 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zcy6 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-40-625-60-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
 Descrito pola fonte
Facebook: burlovskommun Twitter: Burlov_info Instagram: burlovskommun LinkedIn: burlovskommun Youtube: UCzngZogxlG-CgJa2e3aws7A Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Burlöv é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania,[1] situado entre Malmö e Lund. A súa capital é Arlöv, sendo un dos 42 concellos suecos que teñen como capital unha antiga localidade municipal (municipalsamhälle).

Unha gran parte do concello está consiste en áreas suburbanas ata Malmö, pero o terreo ten tamén condicións favorables para o cultivo. O municipio ten unha longa tradición industrial e a principios da década de 2020 a actividade económica local estaba en expansión.

Dende a formación do concello en 1971 a poboación medrou, especialmente a finais dos anos 90, e en decembro de 2024 vivian no municipio 20 101 persoas.[2]

Historia administrativa

[editar | editar a fonte]

A área do concello correspóndese coa da parroquia de Burlöv, onde coa reforma municipal de 1862 creouse o concello municipal do mesmo nome.

O 17 de marzo de 1899 estableceuse no concello a localidade municipal de Arlöv e o 21 de novembro de 1913 a de Åkarp. As dúas serían disoltas ao finais de 1958.

A reforma municipal de 1952 non afectou ás divisións da zona, pero co paso do tempo fóronse incorporando áreas máis pequenas das parroquias circundantes como as parroquias e concellos de Görslöv e Tottarp. En relación coa disolución da localidade municipal de Åkarp, a zona de Kabbarp na actual parte sur da área urbana de Åkarp foi transferida do municipio de Staffanstorp e da parroquia de Tottarp a Burlöv en 1959. O 1 de xaneiro de 1972 realizáronse revisións fronteirizas co municipio de Lomma e a zona de Svanetorp, ao norte de Åkarp, pasou a Burlöv e o municipio de Staffanstorp, na zona de Helenelund xunto á fábrica de Kronetorp, pasou a Burlöv. En 1992 realizouse unha revisión coa cidade de Malmö onde se colocou toda a zona da fábrica de pintura de Nordsjö en Burlöv.[3]

O actual municipio de Burlöv naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Burlöv.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello é o segundo máis pequeno do país en termos de superficie (tras o de Sundbyberg) e ten unha extensión que con algúns axustes aseméllase ao seu antecesor formado coa reforma municipal de 1862.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A zona que constitúe o concello ten un leito rochoso rico en calcaria. A parte sur do municipio é máis montañoso que a norte, o que pode deberse a como se erosionou o leito rochoso. A erosión é tamén a explicación da formación dos lagos pequenos, e aparentemente sen drenaxe, da zona. O leito rochoso está principalmente cuberto de area e arxila de morenas fértiles. Hai condicións favorables para o cultivo e partes de Burlöv tamén se utilizan como zonas de proba pola universidade de ciencias agrarias de Alnarpt. Unha gran parte do concello atópase na área urbanizada da cidade de Malmö.[5]

  1. ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-09.
  2. ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
  3. ↑ "Detaljplan för Sunnanå 8:47 Nordsjö Nobels Industriområde" (PDF). burlov.se. Consultado o 16 de marzo de 2025.
  4. ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
  5. ↑ "Burlöv - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01.