Saltar ao contido

Concello de Arboga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concello de Arboga
 Nome curto
    Arboga (sv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Retrouso
Plats för inspiration Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Cargo dirixente
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Q10417022 Traducir (década de 1200 - 1970)
Q10505250 Traducir (1863 - 1973)
Q10579302 Traducir (1863 - 1970) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Capital
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
13.935 (2017)
13.895 (2017)
13.934 (2017)
13.950 (2018)
14.049 (2018)
14.085 (2018)
14.138 (2018)
14.128 (2019)
14.139 (2019)
14.141 (2019)
14.087 (2019)
14.044 (2020)
14.070 (2020)
14.022 (2020)
14.039 (2020)
14.033 (2021)
14.101 (2021)
14.081 (2021)
14.100 (2021)
14.097 (2022)
14.099 (2022)
14.110 (2022)
14.083 (2022)
14.057 (2023)
14.058 (2023)
14.019 (2023)
14.002 (2023)
14.011 (2024)
14.037 (2024)
14.018 (2024)
13.980 (2024)
13.931 (2025)
13.924 (2025)
13.938 (2025)
13.929 (2025)
13.886 (2026)
13.873 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
1.325 (2017)
1.375 (2018)
1.375 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
419,38 km²
325,44 km² terra
421,67 km²
93,94 km² corpo de auga Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   82 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap935652 Editar o valor en Wikidata
VIAF125653125 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404346551 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0zxhy Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+46-589-870-00 e +46-589-87000 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: arbogakommun Youtube: UCbePlalah9Uh-MTuzzUVP7w Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Arboga é un concello sueco (s. kommun) do condado de Västmanland,[1] A súa capital é a homónima vila de Arboga. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 13 980 habitantes.[2]

O municipio está situado na costa norte do lago Hjälmar. A economía local está dominada por industrias do metal e enxeñería.

O desenvolvemento da poboación foi durante tempo relativamente estable, aínda que houbo unha diminución de poboación dende que se creou o concello ata o ano 2015. En decembro de 2024 Arboga tiña unha poboación de 13 980 habitantes.[3] Tradicionalmente o concello foi un forte bastión para os socialdemócratas, que deixaron o poder en 2016 tras 97 anos de alcaldía ininterrompida.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Con respecto ás rexións históricas, as terras do concello de Arboga pertenceron ás rexións (landskap) de Västmanland e Närke. Coa reforma municipal de 1971, á cidade de Arboga sumáronselle as terras do antigo concello rural de Medåker, e tres anos máis tarde a parroquia de Götlunda pasou a Arboga desde o concello de Orebrö.

O concello limita ao leste cos de Kungsör e Eskilstuna, ao oeste cos de Orebrö e Lindesberg, e ao norte co municipio de Köping.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Aínda que como é xeral en Suecia hai abondos lagos no territorio municipal, o máis destacado é o Hjälmar,[1] un dos maiores lagos do país, e que tamén é a principal fonte de auga do concello.[4] O río Arbogaån cruza o municipio de oeste a leste, abre a canle Hjälmar que comunica co lago do mesmo nome, e prosegue por outros municipios ata facer foz no lago Mälar, o que está ás costas de Estocolmo. Outros grandes lagos do concello son o Högsjön e o Tjurlången. A eutrofización é un problema importante que afectou a case todos os cursos de auga e lagos do municipio.[5]

Protección natural

[editar | editar a fonte]

No ano 2022 había 12 reservas naturais no municipio de Arboga.[6] Entre elas atópase a reserva de Amerika con bosque e pantanos, así como as dúas lagoas de Amerikasjön e Lungsjön. Na zona hai varias especies de libeliñas, así como animais máis grandes como castores, gamos, cervos e alces.[7] A reserva de Södra Hammaren, situada ao lado da de Norra Hammaren, é unha reserva creada xa no ano 1920. No vello prado de feo medran hoxe árbores que teñen uns 200 anos.[8] Outros exemplos de alfaias naturais son as illas de Hengrundet, Notholmen ou Valen[6], no lago Hjälmar.

Áreas urbanas

[editar | editar a fonte]

Na delimitación de aglomeracións do Instituto Nacional de Estadística de Suecia en 2015 había tres áreas urbanas no municipio de Arboga.

Nr Área urbana Poboación
1 Arboga 10.841
2 Götlunda 265
3 Medåker 212

Economía e infraestruturas

[editar | editar a fonte]

A economía local está dominada polas industrias de metal e de talleres, algo típico nos concellos do interior do val do Mälaren. Este tipo de industrias foi complementada posteriormente cunha industria de tecnoloxía da información de rápido crecemento, formada por pequenas e medianas empresas, que son en gran parte empresas de consultoría para a empresa máis grande do municipio, o Grupo Saab.[9]

Transporte

[editar | editar a fonte]

As rutas europeas E18 e E20 atravesan o concello de oeste a leste, ao igual que a estrada do condado 249. A través do municipio tamén pasa a liña de ferrocarril Mälarbanan (Estocolmo–Västerås–Örebro–Hallsberg).[9]

O aeródromo militar de Arboga pertence no presente a Saab e un obxecto protexido que non se pode fotografar e ao que non se pode acceder.

  1. 1 2 "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
  2. ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-16.
  3. ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
  4. ↑ "Vatten och avlopp - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
  5. ↑ "Hur mår vattnet i Arboga? - Arboga kommun". www.arboga.se (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-07.
  6. 1 2 "Naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
  7. ↑ "Amerika". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
  8. ↑ "Södra Hammaren". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-08-07.
  9. 1 2 "Arboga - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2023-01-01.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]