Saltar ao contido

Copa Intertoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa Intertoto
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
(2024)
Nome na lingua orixinal(en) UEFA Intertoto Cup Editar o valor en Wikidata
Tipocampionato Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes50 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1961 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaxuño – agosto Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Organización
PropietarioUEFA Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialen.archive.uefa.com… Editar o valor en Wikidata

A Copa Intertoto da UEFA foi unha competición de fútbol oficial organizada pola UEFA para clubs europeos que non se clasificaran para algunha das principais competicións da UEFA (a Liga de Campións e a Copa da UEFA), sendo clasificatoria para a Copa da UEFA.

Disputouse entre 1962 e 1967 baixo o nome de Copa de Fútbol Internacional, sendo asumida en 1995 pola UEFA. A última edición xogouse en 2008.

A Copa Intertoto substituíu á Copa de Fútbol Internacional (IFC), que era unha competición organizada polos grupos de empresas de fútbol de Europa central a fin de proporcionar partidos para as súas entradas durante os meses de verán esta existiu desde 1962 ata 1967, a partir deste ano o formato foi cambiado. A fase de grupos prevaleceu, sobre róldalas eliminatorias que foron refugadas, así naceu unha competición sen trofeo.[1] En 1995 foi asumido pola UEFA e aberto aos clubs de toda Europa. A copa non tiña un único campión; había un número determinado de finais, cuxos gañadores entraban na Copa da UEFA da seguinte tempada. Isto convertía a competición en atractiva para moitos clubs, que a vían como a súa única oportunidade de clasificarse para Europa.

Algúns países non aproveitaban totalmente cada ano a súa asignación de postos na Copa Intertoto, xa que para moitos clubs a competición entraba en conflito cos seus torneos planificados para o verán ou cos amigables de pre-tempada. Era particularmente impopular en Inglaterra onde se refería a ela con nomes pexorativos como "Intertwobob Cup" ou "Intertinpot Cup", no entanto para o ente reitor, era considerado como Torneo Oficial.

Ata o ano 2005, a Copa Intertoto constaba de 3 roldas previas, semifinais e final. Nas 3 primeiras roldas, ían ingresando os equipos de acordo coa posición na súa liga, e ao país que representaban. Unha vez concluídas as 3 roldas, viñan as semifinais, disputadas por 12 equipos, e finalmente as tres finais, das que saían os 3 equipos que participaban na seguinte edición da Copa da UEFA.

Na tempada 2006 a Copa Intertoto cambiou de formato, reducíndose a tres roldas a dobre volta e aumentando a 11 o número de equipos que se clasificaban para a Copa da UEFA, aínda que empezando na segunda rolda previa. Aos equipos que chegaban máis lonxe nas roldas da UEFA entregábaselles un distintivo ou trofeo consistente nunha placa conmemorativa.

O 30 de novembro do 2007 a UEFA no seu Comité Executivo decidiu prescindir da Copa Intertoto co cambio de formato de competición da Copa da UEFA aplicable desde a tempada 2009-10. Deste xeito, no verán de 2008 disputouse a última edición da Copa Intertoto.

Os equipos galegos na Intertoto

[editar | editar a fonte]

Os dous equipos galegos que participaron na Copa Intertoto foron o Celta de Vigo, nunha ocasión, e o Deportivo da Coruña, en dúas.

O Celta gañou o torneo, e conseguiu a clasificación para a Copa da UEFA no ano 2000 tras impoñerse nunha das finais da Intertoto ó Zenit San Petersburgo. O Deportivo, pola súa parte, disputou a final no ano 2005, na que foi derrotado fronte ó Olympique de Marsella pero clasificouse no ano 2008 cando disputou a final e derrotou ao Bnei Sakhnin.

Todas as finais

[editar | editar a fonte]

Campións da Copa Karl Rappan [2]

[editar | editar a fonte]
Tempada Campión Subcampión Resultado
1962 Ajax Feyenoord Rotterdam 4-2 (pr.)
1963 Inter Bratislava Calcio Padova 1-0 (pr.)
1964 Inter Bratislava Polonia Bytom 1-0 (pr.)
1965 Polonia Bytom Leipzig 5-4
1966 Lokomotive Leipzig Norrköping 4-1
1967 Eintracht Frankfurt Inter Bratislava 4-3

Campións da Copa Intertoto

[editar | editar a fonte]

En cursiva, o resultado no estadio do gañador.

Tempada Campión Subcampión Ida Volta Global
1995 Estrasburgo Tirol Innsbruck 1-1 6-1 7-2
Girondins de Bordeos Karlsruher 2-0 2-2 4-2
1996 Karlsruher Standard de Liège 0-1 3-1 3-2
En Avant Guingamp Rotor Volgograd 1-2 1-0      2-2
Silkeborg Segesta Sisak 2-1 0-1      2-2
1997 Bastia Halmstads 1-0 1-1      2-1 (pr.)
Olympique de Lión Montpellier 1-0 3-2 4-2
Auxerre Duisburg 0-0 2-0 2-0
1998 Valencia Salzburgo 2-0 2-1 4-1
Werder Bremen Vojvodina Novi Sad 1-0 1-1 2-1
Bologna Ruch Chorzów 1-0 2-0 3-0
1999 Montpellier Hamburgo 1-1 1-1 2-2
     (3-0 p.)
Juventus Stade Rennes 2-0 2-2 4-2
West Ham Metz 1-0 3-1 4-1
2000 Udinese Sigma Olomouc 2-2 4-2      6-4 (pr.)
Celta de Vigo Zenit San Petersburgo 2-1 2-2 4-3
Stuttgart Auxerre 2-0 1-1 3-1
2001 Aston Villa Basilea 1-1 4-1 5-2
Paris Saint-Germain Brescia 0-0 1-1      1-1
Troyes Newcastle United 0-0 4-4      4-4
2002 Málaga Villarreal 1-0 1-1 2-1
Fulham Bologna 2-2 3-1 5-3
Stuttgart Lille 0-1 2-0 2-1
2003 Schalke 04 Pasching 2-0 0-0 2-0
Villarreal Heerenveen 2-1 0-0 2-1
Perugia Wolfsburgo 1-0 2-0 3-0
2004 Lille Leiria 0-0 2-0 2-0
Schalke 04 Slovan Liberec 2-1 1-0 3-1
Villarreal Atlético de Madrid 2-0 0-2 2-2
     (3-1 p.)
2005 Hamburgo Valencia 1-0 0-0 1-0
Lens Cluj 1-1 3-1 4-2
Olympique de Marsella Deportivo da Coruña 0-2 5-1 5-3
Tempada Gañadores
2006 Newcastle United Francia Auxerre
Chipre Ethnikos Achnas
Suíza Grasshopper-Club
Alemaña Hertha Berlín
Kayserispor
Eslovenia Maribor
Dinamarca Odense
Francia Olympique de Marsella
Austria Ried
Países Baixos Twente
2007 Atlético de Madrid

Dinamarca Aalborg
Inglaterra Blackburn Rovers
Alemaña Hamburgo
Hammarby
Portugal Leiria

Francia Lens
Romanía Otelul Galati
Austria Rapid Viena
Italia Sampdoria
Tobol Kostanay
2008 Sporting de Braga

Inglaterra Aston Villa
Galicia Deportivo da Coruña
Elfsborg