O clima desta rexión xeográfica é fundamentalmente de tipo oceánicoamornado e húmido, caracterizándose por unha maior frecuencia de ventos de compoñente norte. A temperatura media anual da zona é de 13°C e a diferenza entre a máxima temperatura do ano (agosto) e a mínima (xaneiro) é de 12°C. Isto fai da Rexión Cantábrica a zona con amplitude térmica máis baixa da Península Ibérica.
A insolación é de 1.700 horas de sol anuais e a precipitación media é de 1800 l/m²; cunha media de 150 a 200 días de choiva ao ano.
O clima desta rexión xeográfica é fundamentalmente de tipo oceánico amornado e húmido.