Saltar ao contido

Ecografía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ecografía
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Produto ou servizo
sonogram (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0123cp Editar o valor en Wikidata
MeSHD014463 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC17230 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2992165143, C3018313082, C529618451, C2909410694, C2986892559, C2989478337 e C2992160955 Editar o valor en Wikidata
 Descrito pola fonte
Enciclopedia Galega Universal: 117065
Wikidata C:Commons

A ecografía (do grego «ἠχώ» ēkhō="eco", e «γραφία» grafía= "escribir"), tamén denominada ultrasonografía, é unha técnica de diagnóstico clínico empregada en medicina baseada nos ultrasón. Os aparellos de ultrasón empregan, polo xeral, frecuencias comprendidas entre os 2 e 14 MHz (aínda que en eidos médicos excepcionais, coma a dermatoloxía, poden existir transdutores de até 20 MHz). Os ultrasóns son xerados por unha fonte de cristal piezoeléctrico que fica en contacto coa pel. O mesmo transdutor encárgase de recibir eses ecos de ondas xerados, que posteriormente son interpretados a través dun ordenador. Así pois, a sonda transdutora funciona ao mesmo tempo de emisor e de receptor dos ultrasóns. Canto maior sexa a frecuencia dos ultrasóns, maior é a resolución obtida e máis precisión temos na visualización das estruturas superficiais. Conforme a densidade e composición das interfaces, a atenuación dos sinais emitidos varía, sendo posíbel unha tradución nunha escala de cores cinza, que será a que forme as imaxes dos órganos internos.[1]

O efecto Doppler é adoito empregado na ultrasonografía, xa que permite coñecer o sentido e a velocidade do fluxo sanguíneo. A integración desta técnica á ecografía convencional coñécese coma ecografía Doppler ou Doppler color (debido a que se empregan as cores azul e vermello para indicar un sentido ou outro do sangue. Outra variación da ultrasonografía clásica é a ecografía con contraste.[2]

Polo feito de non utilizar radiación ionizante, coma no caso do TAC ou da radiografía convencional, a ecografía converteuse nun método relativamente inocuo, pouco custoso, de doada disposición, e coa posibilidade de explorar un determinado órgano ou aparello a tempo real. Por este motivo é unha das técnicas gold standard, isto é, de elección, para avaliar o correcto crecemento fetal no embarazo, xa que non dá lugar a dano ningún no futuro nado.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Pedrosa, C.S. (1999). Diagnóstico por imagen. Marban. pp. 643–646. ISBN 8471012677.
  2. ↑ Schneider, Michel (1999). "Characteristics of SonoVue". Echocardiography 16 (7): 743–746. PMID 11175217.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]