Saltar ao contido

Gazpacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gazpacho
 Nome orixinal
    gazpacho (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Temperatura
 Prato
 Gastronomía
Características
 Parcialmente coincidente con
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
TasteAtlasgazpacho Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/037rw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O gazpacho ou gaspacho[1] é unha sopa fría elaborada con ingredientes en cru, tradicional do sur da Península Ibérica. En lingua galega designa ademais un guiso con patacas e chícharos ou un asado lixeiro, tamén coa variante caspacho.[2]

O 21 de xullo celébrase o Día Mundial do Gazpacho.[3]

Sopa fría

[editar | editar a fonte]
Ingredientes para unha variedade de gazpacho.

Desde tempos moi antigos era unha versión fría das sopas de allo, é dicir que ten como ingredientes básicos pan, auga, aceite de oliva, allo, cogombro e sal, ás veces sós, coma no gazpacho estremeño, e outras veces engadindo outros materiais para darlle sabor, por exemplo ovo cocido (así é no gazpacho cordobés).

Entre os ingredientes máis primitivos encontrábanse as améndoas na variante chamada ajoblanco de Andalucía oriental (Granada e Málaga); noutros casos, laranxas amargas coma en Sevilla ou a fariña de fabas secas. Á hora de servir poden poñerse por enriba uns anacos pequenos de alimento, tropezones, que no caso do ajoblanco tradicionalmente son uvas.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Unha das explicacións etimolóxicas da palabra gazpacho e caspacho, forma máis común no Alentexo e no Algarve, derivaría do mozárabe caspos, procedente á súa vez da voz prerromana caspa, co significado de 'anaco pequeno' ou 'fragmento'. Esta hipótese explicaría o nome pola presenza de anacos de pan nas preparacións antigas deste tipo.[4]

As primeiras definicións históricas do castelán describen o gazpacho non tanto como a sopa fría de tomate hoxe máis coñecida, senón como unha preparación popular a base de pan, aceite, vinagre e outros ingredientes. O Tesoro de la lengua castellana o española de Covarrubias, publicado en 1611, recolle a forma en plural, gazpachos, e relaciónaa con migas ou anacos de pan. Máis tarde, o Diccionario de autoridades definiuno como unha sopa ou minestra feita normalmente con pan en anacos, aceite, vinagre, allo e outros ingredientes segundo o gusto. En todo caso, a etimoloxía exacta segue a ser incerta e foron propostas explicacións diversas.

Formas galegas

[editar | editar a fonte]

En galego documéntanse varias formas. Con todo, a palabra non aparece no DRAG, e segundo a Real Academia Galega “As palabras que aluden a realidades culturais que non temos de noso, como o gazpacho ou o salmorejo, e que tampouco teñen unha forma adaptada á nosa lingua, propoñemos mantelas na lingua orixinal indicando dalgún xeito que son voces foráneas, por exemplo usando a cursiva”.[5]

Tamén se rexistra en galego a forma gaspacho con significados locais non coincidentes exactamente co gazpacho andaluz ou do sur de Portugal. A forma dialectal ghaspacho é recollida no vocabulario de Arcade e Soutomaior publicado en Da Cerná co significado de 'mestura sen xeito de cousas, sobre todo de alimentos' e ghaspachada, definida como 'unha mestura sen xeito de cousas, especialmente de alimentos'.[6] De xeito similar, con gheada e seseo, gaspacho aparece no Dicionario de ausencias, dedicado ao léxico da Arousa, como un guiso de tradición local elaborado con chícharos, patacas e ovos.[7]

A forma gazpacho aparece en galego en textos gastronómicos actuais, ás veces en convivencia coa forma gaspacho, con variantes como "gazpacho de amorodos" e tamén a forma portuguesa "gaspacho de morango".[8]

  1. ↑ "DICIONARIO DE ALIMENTACIÓN E RESTAURACIÓN". p. 304. Consultado o 9.09.2025.
  2. ↑ "Significado de gaspacho no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2026-04-30.
  3. ↑ "Día Mundial del Gazpacho" (en castelán). Consultado o 9.09.2025.
  4. ↑ "Gazpacho andaluz, caspa prerromana". Koketo. Consultado o 30 de abril de 2026.
  5. ↑ Pincha (2022-08-01). "Minestra de verduras". Revista Pincha. Consultado o 2026-04-30.
  6. ↑ "G-L". Da Cerná. Consultado o 30 de abril de 2026.
  7. ↑ "Dicionario de ausencias". Illa de Arousa. Consultado o 30 de abril de 2026.
  8. ↑ "Seiva". Como, logo existo. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2024. Consultado o 30 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]