Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O lago Balkash (kazako:Балқаш Көлі, Balqash Köli; ruso:Озеро Балхаш, Ozero Balkhash) é un gran lago endorreico que ocupa unha depresión pechada na área suroriental de Kazakhstán, e que forma parte da ampla cunca endorreica da Asia Central que inclúe entre outros o mar Caspio e o mar de Aral. Cunha superficie de 16996km², é un dos lagos máis grandes de Asia e o duodécimo lago continental máis grande do mundo. A súa altura media é de 320m sobre o nivel do mar e drena unha gran cunca de 413000km².
No lago desaugan sete ríos, sendo o principal o río Ili, que proporciona a maior parte da auga da ribeira, mentres que outros, como o río Karatal, proporcionan auga tanto en superficie como achegando fluxo subsuperficial. O Ili aliméntase da precipitación (en gran parte o desxeo de primavera) das montañas da China, na rexión de Xinjiang. Os outros ríos, de menor caudal, son o Lepsa, o Aksu, o Byan, o Kapal e o Koksu.
De xeito semellante ao que sucede no mar de Aral, o lago está diminuíndo a causa do uso extensivo que se fai da auga procedente dos ríos que o alimentan.[1] O lago está dividido case en dúas partes por unha península, que deixa a zona occidental de auga doce e a oriental de auga salgada.[2][3][4][5] A profundidade media do lago é de 5,8m, e a máxima é de 25,6m.
A cidade máis grande da zona do lago tamén se chama Balkhash e ten uns 66000habitantes. As principais actividades industriais na zona son a minaría, o procesamento de minerais e a pesca. O lago permanece xeado dende finais de novembro ata principios da primavera.
↑Kawabata, Yoshiko; et al. (1997). "The phytoplankton of some saline lakes in Central Asia". International Journal of Salt Lake Research6 (1): 5–16. doi:10.1007/BF02441865.