Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navaghos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navaghos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.
"Navagho" é un exónimo. Procede da palabra tewa "navahu" (gran campo), que combina as raíces "nava" (campo) e "hu" (val). O castelán tomou o termo para referirse á área noroeste do actual estado de Novo México e, posteriormente, pasou ao inglés, xa como apelativo para o pobo navagho e a súa lingua.[5]
Os navagho refírense a si mesmos como "diné" (o pobo), e á súa lingua como "diné bizaad" (a lingua do pobo).[6]
↑Ryan, Camille. "Language Use"(PDF). Censo do goberno (2011). Arquivado dende o orixinal(PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2015.