Saltar ao contido

Monte Etna

Monte Etna
 Nome orixinal
    Etna (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe satelital
Vista no inverno
Imaxe da planta
Imaxe
 Instancia de
Características
 Caracterizado por
 Material / ingrediente
Datas
 Fundación / creación
hai 300.000 anos Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Situado na entidade xeográfica
 Localizado na área protexida
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   19.237 ha Editar o valor en Wikidata
 Altitude
3.357 m
3.274 m
3.290 m
3.345 m
3.403 m Editar o valor en Wikidata
 Illamento topográfico
   998,79 km Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF18144647638815926529 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/016pdb Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX461363
Wikidata G:Commons C:Commons
Etna.
Monte Etna, Sicilia.
Val do Bove, Monte Etna, Sicilia. Agosto de 2003.

O monte Etna é un volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania. Ten ó redor de 3357 m de altura. O Etna é o volcán activo máis grande de Europa e a montaña máis alta de Italia ó sur dos Alpes. O Etna cobre unha área de 1190 km².

Topónimo

[editar | editar a fonte]

A poboación local adoita referirse ao monte como Gibellu, do árabe جبل ŷébel (monte, montaña), usando o topónimo Etna para o cono volcánico.[1]

A actividade volcánica do Etna comezou hai uns 700 000 anos, sendo este un volcán submarino, que se foi desprazando cara ao interior. O Etna é o que se denomina un estratovolcán formado como resultado de erupcións sucesivas.

Na actualidade segue en actividade e ten varios cráteres arredor dos 3000 m con fumarolas permanentes. Entre xullo e agosto de 2001 unha erupción arrasou unha estación de esquí situada na ladeira sur do volcán[2]. Tamén estivo activo en novembro de 2002[3], e en xaneiro de 2005 a lava non chegou ás zonas habitadas, aínda que as emisións puideron verse dende toda a costa siciliana manando das aperturas laterais situadas a 2620 e 2400 metros.

Volveu ter actividade en maio de 2011[4], marzo de 2012[5], febreiro de 2013[6], xaneiro de 2014[7], decembro de 2015[8], maio de 2016[9] e marzo de 2017.[10]

En decembro de 2018 unha erupción obrigou a desviar o tráfico aéreo, causando máis de 150 terremotos.[11]

O 16 de febreiro de 2021 volve a entrar de novo en erupción.[12]

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Segundo a mitoloxía grega, no interior do Etna estaban as forxas de Vulcano, que traballaba alí coa axuda dos ciclopes. Outra lenda di que a actividade do volcán se debe a que Atenea sepultou alí ó xigante Encélado, no transcurso da Xigantomaquia, ó lanzar sobre el a illa de Sicilia.

  1. ↑ Ghirardi, Massimo. "Note di Toponomastica" (PDF). Araldicacivica.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal (pdf) o 27 de marzo de 2009. Consultado o 28 de outubro de 2008.
  2. ↑ "El Etna relaja la intensidad de sus erupciones". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-07-29. Consultado o 2019-01-02.
  3. ↑ "Desalojan la estación turística del Etna debido a la proximidad de la lava". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-11-24. Consultado o 2019-01-02.
  4. ↑ "La lava y ceniza del volcán Etna provocan el cierre el aeropuerto de Catania". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-05-12. Consultado o 2019-01-02.
  5. ↑ "El volcán Etna entra en erupción por cuarta vez en lo que va de año". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-03-20. Consultado o 2019-01-02.
  6. ↑ "El Etna en erupción". La Voz de Galicia (en castelán). 2013-02-23. Consultado o 2019-01-02.
  7. ↑ "El volcán Etna entra en erupción". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-01-25. Consultado o 2019-01-02.
  8. ↑ "El Etna registra una de las erupciones más espectaculares de los últimos veinte años". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-12-05. Consultado o 2019-01-02.
  9. ↑ "El último show del Etna". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-05-23. Consultado o 2019-01-02.
  10. ↑ "Diez heridos por una explosión volcánica en el Etna". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-03-16. Consultado o 2019-01-02.
  11. ↑ "El Etna desata el miedo en Sicilia". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-27. Consultado o 2019-01-02.
  12. ↑ "Etna erupts". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-02-19.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.