Saltar ao contido

New Horizons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
New Horizons
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Impulsado por
1x GPHS-RTG (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Lanzamento
19 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
 Sucedido por
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
Códigos e identificadores
Freebase/m/022pl7 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2992257854 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: new.horizons1 Twitter: NASANewHorizons Instagram: newhorizonsmission Youtube: UC7yXXCSR3_UB12gNWETiygA Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A misión New Horizons (do inglés: Novos Horizontes) é unha misión espacial non tripulada da axencia espacial estadounidense (NASA) coa fin de explorar Plutón, os seus satélites e probablemente o Cinto de Kuiper. A sonda lanzouse dende a estación da Forza Aérea dos Estados Unidos de América do Cabo Cañaveral o 19 de xaneiro de 2006. New Horizons viaxou primeiro ata Xúpiter, onde chegou en febreiro-marzo de 2007. Ao seu paso por Xúpiter aproveitou a asistencia gravitatoria do planeta para incrementar a súa velocidade. Chegou ao punto mais próximo a Plutón o 14 de xullo de 2015, ás 11:49:04 UTC. Tras deixar atrás Plutón, sobrevoou o 1 de xaneiro de 2019 un obxecto do Cinto de Kuiper, 486958 Arrokoth,[1] ('ceo' na lingua algonquina), chamado así a raíz dun concurso de ideas para nomealo.[2][3]

Despois da Rosetta, que viaxou a uns 108 000 Km/h entre novembro de 2009 e agosto de 2014, grazas ás asistencias gravitacionais da Terra (tres veces) e de Marte (unha), e da Voyager 1 é a sonda espacial con maior velocidade, alcanzando respecto ao Sol unha diferenza máxima entre as velocidades inicial e final de 15,1 km/s. (54 000 km/h aproximadamente).[4]

  1. Talbert, Tricia (2018-03-13). "New Horizons Chooses Nickname for ‘Ultimate’ Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-01.
  2. Talbert, Tricia (2017-11-06). "Help Nickname New Horizons’ Next Flyby Target". NASA. Consultado o 2019-01-02.
  3. NASA, ed. (12 de novembro de 2019). "Far, Far Away in the Sky: New Horizons Kuiper Belt Flyby Object Officially Named 'Arrokoth'". p. https://www.nasa.gov. Consultado o 9 de xaneiro 2020.
  4. "Spacecraft escaping the Solar System". Heavens Above (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]