Olinda é unha cidade do estadobrasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83km².
O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construír unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sede da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sede para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, volveu ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.
Olinda. Ao fondo, Recife.Olinda.
Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co océano Atlántico.
Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.
O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mestura elementos africanos, indíxenas e europeos na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.