Están moi emparentadas coa perdiz (Alectoris rufa), da que as diferencian o deseño da cabeza e da gorxa Teñen aspecto gordecho e arredondado e miden entre 33 e 36cm. de lonxitude. A parte superior do corpo é castaña agrisada, o peito gris e o ventre da cor do ante. A cara é gris clara e teñen unha zona ampla de cor castaña avermellada na zona do colo. Os flancos son brancos con vetas castañas avermelladas.
É unha perdiz nativa do norte de África e, segundo algunhas opinións,[2] de Xibraltar e as illas Canarias, aínda que a súa presenza nestas últimas rexións é se cadra máis axiña consecuencia de introducións antigas. No norte de África espállanse dende a beira norte do Sáhara ata o noroeste de Exipto e Marrocos. Nas Canarias (Sb. Alectoris barbara koenigi[3]viven en FuerteventuraTenerife, Lanzarote e a illa da Gomera. Foi introducida en Portugal e Madeira, aínda que non hai rexistros recentes da súa presenza nesta illa. Dentro deste ámbito de distribución distínguense catro subespecies.
Son aves de terras secas e abertas, a miúdo en zonas de outeiros, pero a súa capacidade de adaptación permítelles vivir en terras de cultivo, estepas de euforbiáceas, bosques de eucaliptos e en montañas ata ó límite das neves..
Aliméntanse de sementes e algúns insectos. Fan o niño nunha depresión do chan. Poñen entre 10 e 14 ovos con pencas castañas avermelladas. O período de incubación é duns 25 días. Os polos adoitan ficar cabo dos pais ata que comeza a seguinte época reprodutora.
↑Martín Gómez, Pedro; Cardona Sosa, Antonio. Aves de las zonas bajas. mdc.ulpgc.es (Cabildo Insular de Fuerteventura). p.55. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2019. Consultado o 2019-07-10.