Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
A provincia de Ourense[1] é unha das catro provincias de Galicia, limita coa de Pontevedra ao oeste, coa de Lugo ao norte, e coas de León e Zamora de Castela e León ao leste, e con Portugal ao sur. Cunha área de 7 273,2 km2, é a única provincia interior de Galicia. A capital provincial é a cidade homónima Ourense, o maior centro poboacional. En 2024 na provincia vivían uns 304 592 habitantes.
Mapa do partido de Ourense de Juan Quintana, 1807.