Public Ivy
Public Ivy é un termo coloquial para unha serie de prestixiosas universidades públicas dos Estados Unidos que ofrecen unha experiencia similar ás da Ivy League.[1] [2] A lista de institucións consideradas como unha "hedra pública" sufriu varias revisións ao longo dos anos.
Historia
[editar | editar a fonte]O termo apareceu por primeira vez en Public Ivies: A guide to America's Best Public Undergraduate Colleges and Universities publicado en 1985. [1] O autor, Richard Moll, graduouse cun máster na Universidade Yale en 1959 e exerceu como oficial de admisión e director de admisións en varias universidades dos Estados Unidos.[3] Percorreu o país examinando institucións de educación superior, seleccionando oito que eran comparables á Ivy League.[4] [5]
A metodoloxía de clasificación orixinal de Moll incluía factores como o rigor académico, a calidade do profesorado e o custo da matrícula. Así como as avaliacións das instalacións do campus, os recursos dispoñibles, a idade e as principais tradicións culturais realizadas en cada institución.[6] [4]
O Journal of Blacks in Higher Education tamén caracterizou estas universidades como: "...competindo con éxito coas universidades da Ivy-League, tanto academicamente como en termos de atraer profesores universitarios estrela como os mellores estudantes de todas as razas".[4]
Lista orixinal publicada en 1985
[editar | editar a fonte]Moll enumerou no seu libro as seguintes universidades por orde alfabética:
- College of William and Mary
- Universidade de California [7]
- Universidade de Míchigan
- Universidade de Carolina do Norte
- Universidade de Texas
- Universidade de Vermont
- Universidade de Virxinia
- Universidade Miami (Ohio)
Outros 'contendentes'
[editar | editar a fonte]Como parte da publicación inicial de 1985, Moll tamén seleccionou nove universidades como "contendentes dignos": [8]
- Universidade de Colorado en Boulder
- Instituto Tecnolóxico de Xeorxia (especificamente o campus situado en Atlanta )
- Universidade de Illinois
- Universidade Estatal de Pensilvania (especificamente o campus situado en University Park)
- Universidade de Pittsburgh
- Universidade de Binghamton
- Universidade de Washington
- Universidade de Wisconsin-Madison
- New College of Florida (anteriormente New College of the University of South Florida, converteuse nunha parte independente do Sistema Universitario Estatal de Florida en 2001)
Ampliación da lista
[editar | editar a fonte]Unha publicación posterior na coñecida serie Greene's Guides (2001) ampliou o termo coas seguintes institucións: [2]
- Universidade de Binghamton
- Universidade de Indiana
- Universidade Estatal de Míchigan
- Universidade Estatal de Ohio
- Universidade Estatal de Pensilvania
- Universidade Rutgers
- Universidade de Arizona
- Universidade de Colorado en Boulder
- Universidade de Connecticut
- Universidade de Delaware
- Universidade de Florida
- Universidade de Xeorxia
- Universidade de Illinois
- Universidade de Iowa
- Universidade de Maryland
- Universidade de Minnesota
- Universidade de Washington
- Universidade de Wisconsin
Galería
[editar | editar a fonte]- Sather Tower vista desde Memorial Glade na Universidade de California, Berkeley
- O edificio principal da Universidade de Texas en Austin
- Michigan Union na Universidade de Míchigan
- Rotonda da Universidade de Virxinia
- Edificio Wren Building no College of William & Mary
- Edificio MacCracken da Universidade de Miami en Oxford no inverno
- Billings Memorial Library da Universidade de Vermont
- Sewall Hall da Universidade de Colorado en Boulder
- Edificio Savant no Instituto Tecnolóxico de Xeorxia
- Auditorio Foellinger no patio principal da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
- College Hall e Cook Hall no New College of Florida
- Bascom Hill na Universidade de Wisconsin-Madison
- Complexo académico da Universidade de Binghamton
- Old Main na Universidade Estatal de Pensilvania
- Demarest Hall da Universidade de Rutgers en New Brunswick, Nova Jersey
- Jacobson Barn na Universidade de Connecticut
- Peabody Hall da Universidade de Florida
- Brooks Hall da Universidade de Xeorxia
- Torre Beaumont na Universidade Estatal de Míchigan
- Entrada de Sample Gates na Universidade de Indiana Bloomington
- Antigo Museo do Capitolio no Pentacrest da Universidade de Iowa
- Morrill Hall no Northrop Mall da Universidade de Minnesota
- Biblioteca Jack Langson da Universidade de California, Irvine
- University Center e Storke Tower da Universidade de California, Santa Bárbara
- Putah Creek na Universidade de California, Davis
- Maricopa Hall da Universidade de Arizona
- The Mall da Universidade de Delaware
- Reckord Armory na Universidade de Maryland
- Gary Anderson Hall da Universidade de California, Riverside
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Moll, Richard (1985). Public Ivys: A Guide to America's best public undergraduate colleges and universities.
- 1 2 Greene, Howard (2001). The public ivies : America's flagship public universities (1st ed ed.). Cliff Street Books. ISBN 0-06-093459-X. OCLC 46683792. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Graham Synnott, Mareia (2017-07-12). The Half Opened Door. Routledge. pp. 125–159. ISBN 978-1-315-13243-3. Consultado o 2021-06-08.
- 1 2 3 "Comparing Black Enrollments at the Public Ivies". www.jbhe.com. Consultado o 2022-07-17.
- ↑ College Admissions for the 21st Century. Harvard University Press. 2011-02-01. pp. 1–34. ISBN 978-0-674-05859-0. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Planning Los Angeles. Routledge. 2017-11-08. pp. 190–241. ISBN 978-1-351-17915-7. Consultado o 2021-06-08.
- ↑ Moll sprach vom University-of-California-System als einer einzigen Hochschule (Moll considerou o sistema universitario de California como unha soa universidade)
- ↑ Moll, Richard (1985). The public ivys : a guide to America's best public undergraduate colleges and universities. Viking. ISBN 0-670-58205-0. OCLC 11755334. Consultado o 2021-06-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Public Ivy |