Río Orontes
| Río Orontes | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
O río Orontes é o principal río de Siria, excluído o río Éufrates.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Estrabón di que o seu nome orixinal foi Tifón (Typhon). O río pasaba por Antioquía e Seleucia (coñecida ás veces por Seleucia do Orontes).
O río nace nas montañas do Líbano, onde modernamente é chamado Al-Asi (Nahr al-Asi, ou "o río rebelde"), preto da vila de Labweh, un chisco ao norte de Baalbek, na parte oriental do val da Bekaa. Corre paralelo á costa para o norte en territorio sirio e pasa por Homs e Hamah e máis ao norte xira ao oeste e entra en territorio de Turquía, pasando por Hatay, ata chegar ao mar, desaugando en Suweidah (actualmente Samandagi).
Os principais afluentes ao norte son o Afrin (Afreen, antigo Oenobaras) e o Kara Su. O seu curso é duns 240 km.
Non é navegábel e a súa importancia deriva do feito de correr de sur a norte formando un val que antigamente permitía as comunicacións fluídas entre o norte e o sur de Siria.[1]
Foi escenario da batalla de Qadesh (sobre 1290 / 1275 a. C.)[2] e a batalla de Qarqar (entre asirios e os reis confederados dirixidos por Damasco o 853 a. C.).
O río marcou a fronteira norte e leste de Amurru baixo dominio exipcio (séculos XV a. C. e XIV a. C.). Os cruzados tíñano como fronteira entre o Principado de Antioquía e o Emirato de Alepo.[1]

Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Cohen, Getzel M. (2006). The Hellenistic settlements in Syria, the Red Sea Basin, and North Africa. Berkeley ; Los Angeles ; London : University of California Press. ISBN 978-0-520-24148-0.
- ↑ Pyramids, Temples & Tombs of Ancient Egypt (en inglés). 2018-08-07. ISBN 978-1-84681-088-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Orontes |
