Saltar ao contido

Rosa Luxemburg

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaRosa Luxemburg

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Rozalia Luxenburg Editar o valor en Wikidata
5 de marzo de 1871 Editar o valor en Wikidata
Zamość Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xaneiro de 1919 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Berlín Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZentralfriedhof Friedrichsfelde Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaLuxemburguismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zürich Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Varsovia
Zürich
Berlín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, titular de grao de posgrao en negocios, xornalista de opinión, editora colaboradora, docente, teórica política, economista, editora literaria, filósofa, revolucionaria, coleccionista de plantas Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de Alemaña (1919–)
Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (1917–1918)
Liga Espartaquista (1915–1918)
Partido Socialdemócrata de Alemaña (1898–1915)
Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (1893–1918) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJulius Wolf Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioR. Kruszynska Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalJulian Marchlewski (1893–)
Leo Jogiches (1893–)
Karl Liebknecht (1918–) Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de abril de 1907 (Xuliano)V Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJulian Marchlewski (1893–valor descoñecido)
Gustav Lübeck (1889–1903) Editar o valor en Wikidata
ParellaLeo Jogiches Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi
15 de xaneiro de 1919Q107649202 Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHamburgische Biografie
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:15 : Ломбард — Мезитол, sec:Люксембург Роза, p.110-112)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1195391 Enciclopedia Galega Universal: 146643 BNE: XX1009368 BUSC: 981013402606607712 Apple Music: 275316476 Musicbrainz: 13f38da7-b21a-48b2-a8a1-12f2489112ab WikiTree: Luxemburg-18 Find a Grave: 8113053 Editar o valor en Wikidata

Rosa Luxemburg (en polaco: Róża Luksemburg e tamén Rozalia Luxenburg), nada en Zamość (Imperio Ruso) o 5 de marzo de 1871 ou 1870 e finada en Berlín o 15 de xaneiro de 1919, foi unha militante socialista e teórica marxista polaca de orixe xudía, nacionalizada alemá.

Foi membro do partido da Socialdemocracia do Reino de Polonia e Lituania (SDKPiL), do Partido Socialdemócrata de Alemaña (SPD), do Partido Independente Socialdemócrata de Alemaña (USPD) e do Partido Comunista de Alemaña (KPD).

En 1915, debido ao apoio prestado polo SPD á participación alemá na primeira guerra mundial, ela, xunto con Karl Liebknecht fundaron a Liga Espartaquista (Spartakusbund) que posteriormente se convertería no Partido Comunista Alemán.

Durante a Revolución Alemá de 1918 fundou o xornal Die Rote Fahne (A Bandeira Vermella), que se converteu no órgano central do movemento espartaquista. Publicou diversas análises e ensaios noutros xornais da época, como o Leipziger Volkszeitung e ademais, foi autora de múltiples libros, dos cales destaca Die Akkumulation des Kapitals (en galego, A acumulación do capital), e tamén Sozialreform oder Revolution? (en galego, Reforma ou Revolución) (1899), Massenstreik, Partei und Gewerkschaften (en galego, Folga de masas, partido e sindicato) (1906), e Die russische Revolution (en galego, A revolución rusa) (1918), no cal critica construtivamente á mesma e sostén que a maneira soviética de facer a revolución non pode ser universalizada para tódalas latitudes.

Viu o levantamento espartaquista producido en 1919 como unha equivocación, porén, chegou a apoialo máis tarde. Cando o goberno socialdemócrata, xunto cos Freikorps (soldados que participaran na primeira guerra mundial, e que se organizaron en grupos paramilitares), acabaron coa revolta, Luxemburg, Liebknecht e outros dos participantes foron detidos e asasinados. Luxemburg recibiu un disparo e o seu corpo foi guindado ao Landwehrkanal, en Berlín.

As súas ideas inspiraron tendencias da esquerda comunista e deron orixe a posteriori á corrente intelectual coñecida baixo o nome de luxemburgismo. A herdanza de Rosa Luxemburg foi reivindicada no entanto, de maneira contraditoria, por movementos políticos moi diferentes.

Debido ás súas críticas tanto ás escolas leninista coma ós máis moderados socialdemócratas do