Saltar ao contido

Río Save

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Río Sava»)
Río Save
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Conca hidrográfica
 Desembocadura
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   945 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   95.719 km² Editar o valor en Wikidata
 Caudal
   1.722 m³/s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1564720 Editar o valor en Wikidata
VIAF110144647643939724008 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02sv0c Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O río Save[1] ou Sava[Cómpre referencia] (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do río Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.

Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura son os ríos Ljubljanica, Savinja, Mirna, Krka, Sotla, Kupa, Lonja, Orljava, Bosut, Una, Vrbas, Ukrina, Bosna, Tinja, Lukovac, Drina e mais o río Kolubara.

O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Zidani Most, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.

  1. ↑ Diciclopedia do século 21, tomo 3, O-Z, p. 1899. (Ed. Cumio, Galaxia, Do Castro, 2007).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]