Sanjō (三条市, さんじょうし, Sanjō-shi) é un concello da prefectura de Niigata no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Chūbu, no centro da prefectura (zona Chūetsu), e no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 432,01km², a poboación é de 102.279 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 237 h/km².