The Mighty
Aparencia
| The Mighty | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
The Mighty é un filme estadounidense dirixido por Peter Chelsom que se estreou en 1998. Baséase na novela Freak the Mighty de Rodman Philbrick.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia de dous rapaces non integrados na sociedade que parten na busca de grandeza e bondade só para descubrir o tesouro máis valioso de todos: a amizade. Todo comeza cando Kevin Dillon e a súa nai trasládanse á veciñanza onde viven Maxvell Kane e os seus avós. Malia os seus trece anos, a aparencia de Max é a dun xigante, con problemas na escola, falto de valor e que non encaixa en ningún modelo social. Pero na súa vida entrará Kevin, un rapaz tolleito, pero máis espelido que calquera outro da cidade.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Elden Henson como Maxwell "Max" Kane, The Mighty
- Kieran Culkin como Kevin Dillon, Freak
- Sharon Stone como Gwen Dillon
- Gena Rowlands como Susan "Gram" Pinneman
- Harry Dean Stanton como Elton "Grim" Pinneman
- James Gandolfini como Kenny "Killer" Kane
- Gillian Anderson como Loretta Lee
- Meat Loaf como Iggy Lee
- Jenifer Lewis como Mrs. Addison
- Joseph Perrino como Tony Fowler (Blade)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1998: Globos de Ouro: Nomeado a Mellor actriz secundaria (Sharon Stone) e canción orixinal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Mighty na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)