Vida extraterrestre
| Vida extraterrestre | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A vida extraterrestre é vida que pode orixinarse e existir ou ter existido fóra do planeta Terra. A súa existencia é actualmente hipotética; non hai aínda evidencias de vida extraterrestre que foran amplamente aceptadas pola comunidade científica.[1][2]
As formas especulativas que se teñen proposto para describir seres extraterrestres varían dende humanoides e monstros que aparecen comunmente en traballos de ciencia ficción até vida a unha escala moito menor de bacterias e virus.
As formas de vida extraterrestre, especialmente as intelixentes, son chamadas xeralmente pola cultura popular como alieníxenas ou ETs.
Investigación científica
[editar | editar a fonte]A procura, estudo e teorización da vida alieníxena de vida extraterrestre forma parte da astrobioloxía ou xenobioloxía, disciplina que estuda a orixe, evolución, distribución e futuro da vida no universo.[3] Esta investigación céntrase na procura de ambientes habitábeis e de posibles biosinaturas, é dicir, indicios físicos ou químicos que poidan estar asociados á actividade de seres vivos.
A busca actual atende sobre todo a formas de vida simples ou microbianas, consideradas máis probábeis ca a vida complexa ou intelixente. Entre os principais obxectivos de estudo están Marte, os mundos oceánicos do Sistema solar, como Europa e Encélado, e os exoplanetas.[4]
Hipóteses sobre a súa orixe
[editar | editar a fonte]A maioría dos científicos[quen?] manteñen que se a vida extraterrestre existise, a súa evolución ocorrería independentemente en diferentes partes do universo, xurdindo de maneira independente.
Unha hipótese alternativa é a panspermia, que suxire que a vida ou os seus precursores químicos no universo podería ter xurdido dun punto inicial único de orixe, e terse dispersado a través do universo polos diversos sistemas planetarios, duns planetas habitables a outros, a través de meteoritos, cometas ou po espacial.
Estas hipóteses non son necesariamente incompatíbeis, xa que a vida podería ter varias orixes ou mecanismos de dispersión.
Vida intelixente e contacto
[editar | editar a fonte]A existencia de vida extraterrestre non implica necesariamente a existencia de civilizacións intelixentes. A posibilidade de contactar con civilizacións extraterrestres adoita formularse mediante a ecuación de Drake, proposta polo astrónomo Frank Drake en 1961, que estima o número de civilizacións da Vía Láctea capaces de emitir sinais detectábeis a partir de factores como a formación de estrelas, a existencia de planetas habitábeis, a aparición de vida intelixente, o desenvolvemento de tecnoloxía comunicativa e a duración desas civilizacións.[5]
Unha rama específica desta procura é o SETI, que busca sinais artificiais, especialmente emisións de radio ou sinais ópticos como pulsos de láser, que puidesen indicar a existencia de intelixencias extraterrestres.[6]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: extraterrestre.
Na cultura popular, as formas de vida extraterrestre, especialmente as intelixentes, adoitan recibir nomes como alieníxenas, aliens ou ETs. A ciencia ficción representounas de maneiras moi diversas, desde microorganismos e ecosistemas doutros mundos até civilizacións tecnoloxicamente avanzadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "NASA Astrobiology". astrobiology.nasa.gov (en inglés). Consultado o 2026-04-28.
- ↑ "Extraterrestrial life" (en inglés). Encyclopaedia Britannica. Consultado o 2026-04-28.
- ↑ "About Astrobiology". NASA Astrobiology (en inglés). Consultado o 2026-04-28.
- ↑ "NASA’s Search for Life: Astrobiology in the Solar System and Beyond - NASA" (en inglés). 2021-06-25. Consultado o 2026-04-28.
- ↑ "Commemorating the Anniversary of the Drake Equation - NASA" (en inglés). 2022-11-02. Consultado o 2026-04-28.
- ↑ "A Primer on SETI at the SETI Institute". www.seti.org (en inglés). Consultado o 2026-04-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vida extraterrestre |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |