Saltar ao contido

1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1
Calendario gregoriano1
I
Ab urbe condita754
Calendario armenioN/A
Calendario chinés2697 2698
Calendario hebreo3761 3762
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat56 57
 ·  Shaka SamvatN/A
 ·  Kali Yuga3102 3103
Calendario persa621 BP 620 BP
Calendario musulmán640 BH 639 BH
Calendario rúnico251
Década de 1
4 a. C. 3 a. C. 2 a. C. 1 a. C. 1 [[2]] [[3]] [[4]] [[5]]

O ano 1 (I) foi un ano común comezado en sábado ou domingo (as fontes difiren) do calendario xuliano, un ano común comezado en sábado do calendario xuliano proléptico, e o primeiro ano Anno Domini ou da era común. É o primeiro ano do primeiro milenio e do século I.

Acontecementos

[editar | editar a fonte]

Bohemia - Moravia - Silesia

[editar | editar a fonte]
  • O príncipe dos marcomanos, Marbod, funda o primeiro reino independente dos xermanos de Bohemia, Moravia e Silesia. Marbod posúe unha facultade para a estratexia e a táctica, con iso consegue poñer en pé de guerra a máis de 70 000 soldados de infantaría e 4 000 xinetes. O seu reino convértese nunha ameaza para Roma e as súas aspiracións hexemónicas e expansionistas.

Nacementos

[editar | editar a fonte]

Imperio Romano

[editar | editar a fonte]
  • Ao longo de todo o século I fanse máis notables os acuedutos. Para levar auga potable, moitas cidades do Imperio Romano tiñan que traela dende distancias a miúdo considerables. O máis antigo acueduto de Roma fora construído por Apio Claudio Caecus (no ano 312 a.C.). Estas primeiras conducións aproveitaban o simple sistema do desnivel, polo que case sempre os construtores tiñan que afrontar grandes dificultades. Os vales eran salvados con canalizacións tendidas sobre a ponte; desta maneira evitábase que a presión da auga fose forte. Os acuedutos romanos eran obras mestras da arquitectura técnica. Co fin de logra-la altitude e estabilidade desexada, poñíanse varios pisos de arcadas; polo que os arcos, superpostos, apuntalábanse na construción xa que aínda non se dominaba a técnica dos piares de grande altitude.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]