Saltar ao contido

1 FLTV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 1 FLTV
Logotipo
 Instancia de
Características
 Lingua materna
 Lingua usada
Datas
 Fundación / creación
2008 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04jm9bv Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

1 FLTV (1 Fürstentum Liechtenstein Television)[1] é a primeira e única cadea de televisión de Liechtenstein. Comezou as súas retransmisións o 15 de agosto do 2008 tras obter a licenza por parte do goberno. Emite a súa programación en alemán. É privada e propiedade da empresaria austríaca Beatrix Schartl.

Festival da Canción de Eurovisión

[editar | editar a fonte]

Os habitantes de Liechtenstein sempre tiveron interese en participar no Festival da Canción de Eurovisión. Con todo, isto non podía ser posible debido a que Liechtenstein non contaba cunha cadea de televisión propia. FLTV está negociando a súa entrada na Unión Europea de Radiodifusión, de xeito que nun futuro o país poida participar no certame musical.

Liechtenstein intentara participar previamente en 1969 e 1976, pero foi descualificado debido a que non contaba cunha televisora propia.

  1. ↑ "Información na páxina web de 1FLTV". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]