Saltar ao contido

Aldo Duscher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAldo Duscher
Biografía
Nacemento(es) Aldo Pedro Duscher Editar o valor en Wikidata
22 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Esquel Editar o valor en Wikidata
Altura174 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1998   Newell's Old Boys 31(1)
1998–2000   Sporting CP 55(6)
2000–2007   Deportivo da Coruña 157(0)
2007–2008   Racing de Santander 34(5)
2008–2010   Sevilla FC 37(0)
2010–2012   RCD Espanyol 19(0)
2011–2012→ cesión:    Barcelona Sporting Club 7(0)
2012–2012 Enosis Neon Paralimni 8(0)
2013–2013 PAE Veria 0(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1995   Arxentina sub-17 6(0)
1999–1999   Arxentina sub-20 4(0)
2000–2000   Arxentina sub-23 7(0)
2005–2005   Arxentina 3(0)

FIFA: 182049 Editar o valor en Wikidata

Álvaro Pedro "Aldo" Duscher, nado en Esquel (Chubut) o 22 de marzo de 1979, é un exfutbolista arxentino nacionalizado austríaco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección arxentina.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Empezou xogando na Arxentina, en Newell's Old Boys de Rosario entre 1995 e 1998. Durante eses anos tamén conseguiu 2 Suramericanos Sub-20 coa selección do seu país.

En 1998 foi contratado por dúas tempadas polo Sporting de Lisboa, onde conseguiu unha Superliga.

De cara a tempada 2000–01 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club no que xogou 142 partidos de Liga e 34 partidos de Liga de Campións até a tempada 2006–07, gañando unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España. Neste tempo foi recordado polos seguidores do Manchester United pola súa patada e posterior lesión de David Beckham que case impide ao capitán inglés xogar o Mundial 2002.

Ao comezos da tempada 2007–08 quedou libre e foi contratado polo Racing de Santander por dúas tempadas, despois de numerosas ofertas no inverno, de entre outros o Manchester United e Olympique de Lyon, todas refugadas para acabar xogando no conxunto de El Sardinero.

Marca o seu primeiro gol en Primeira División na súa oitava tempada na mesma, o 9 de decembro de 2007, cunha vitoria do Racing sobre o RCD Mallorca (3–1).[1] Tras arduas negociacións, na tempada 2008–09 Duscher foi contratado, por tres tempadas, polo Sevilla FC.[2] Desde a tempada 2010–11 xoga no RCD Espanyol, tras rescindir o seu contrato co Sevilla.

O 27 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación ao Barcelona Sporting Club de Guayaquil, en Ecuador.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Duscher fixo o seu debut internacional coa selección arxentina en 2005, chegando a xogar tres partidos.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Sporting de Lisboa
Deportivo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]