Saltar ao contido

Bellinzona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bellinzona
 Nome oficial
    Bellinzona (it) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    bellinzonesi (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
 Lista do elemento
Características
 Lingua oficial
 Situación patrimonial
Lugar do Patrimonio suízo
Identificador: ISOS 3755 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Membro de
 Ten en propiedade
Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
32.438 (1981) demographic statistics (en) Traducir
32.519 (1982) demographic statistics (en) Traducir
32.468 (1983) demographic statistics (en) Traducir
32.476 (1984) demographic statistics (en) Traducir
32.569 (1985) demographic statistics (en) Traducir
32.893 (1986) demographic statistics (en) Traducir
32.940 (1987) demographic statistics (en) Traducir
33.073 (1988) demographic statistics (en) Traducir
33.375 (1989) demographic statistics (en) Traducir
33.753 (1990) demographic statistics (en) Traducir
34.344 (1991) demographic statistics (en) Traducir
34.749 (1992) demographic statistics (en) Traducir
35.158 (1993) demographic statistics (en) Traducir
35.636 (1994) demographic statistics (en) Traducir
36.035 (1995) demographic statistics (en) Traducir
36.005 (1996) demographic statistics (en) Traducir
36.158 (1997) demographic statistics (en) Traducir
36.032 (1998) demographic statistics (en) Traducir
36.229 (1999) demographic statistics (en) Traducir
36.633 (2000) demographic statistics (en) Traducir
37.023 (2001) demographic statistics (en) Traducir
37.463 (2002) demographic statistics (en) Traducir
37.599 (2003) demographic statistics (en) Traducir
37.985 (2004) demographic statistics (en) Traducir
38.313 (2005) demographic statistics (en) Traducir
38.747 (2006) demographic statistics (en) Traducir
39.196 (2007) demographic statistics (en) Traducir
39.652 (2008) demographic statistics (en) Traducir
40.129 (2009) demographic statistics (en) Traducir
40.719 (2010) demographic statistics (en) Traducir
40.718 (2011) demographic statistics (en) Traducir
41.268 (2012) demographic statistics (en) Traducir
41.749 (2013) demographic statistics (en) Traducir
42.084 (2014) demographic statistics (en) Traducir
42.462 (2015) demographic statistics (en) Traducir
42.901 (2016) demographic statistics (en) Traducir
43.181 (2017) demographic statistics (en) Traducir
43.220 (2018) demographic statistics (en) Traducir
43.785 (2023) demographic statistics (en) Traducir
45.305 (2024)
45.828 (2025) estatística oficial Editar o valor en Wikidata
 Superficie
164,96 km²
19,12 km²
164,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   230 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal6500 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1684625 Editar o valor en Wikidata
VIAF128990305 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/033v4v Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Bellinzona (en italiano Bellinzona, en francés Bellence/Bellinzone, en alemán Bellenz/Bellinzona, en latín Bilitio) é unha cidade suíza, capital do cantón do Tesino e do distrito de Bellinzona.

A cidade foi mencionada por primeira vez co nome de Bilitio nun texto escrito no ano 590, cando ocorreu o encontro entre unha fracción de guerreiros francos en dirección do paso de Lucomagno e os longobardos que habitaban na fortaleza de Bellinzona:

Olo autem dux ad Bilitionem huius urbis castrum, in campis situm Caninis, inportunae accedens, iaculo sub papilla sauciatus, cecidit et mortuus est

Durante o alto medioevo Bellinzona convértese nun lugar de grande importancia entre Como e Milán, para entrar na grande órbita milanesa a partir do século XV. Na primeira metade do século XVI, seguindo as complexas vicisitudes político-militares do ducado de Milán, Bellinzona foi cedida polos franceses aos confederados suízos. A cidade será controlada como bailía (especie de colonia) até finais do século XVIII cando Napoleón invade o territorio suízo, obrigando á creación de dous cantóns soberanos no sur, o cantón de Bellinzona e o cantón de Lugano, que logo se fusionarían en 1803 para daren vida ao cantón do Tesino.

Bellinzona foi escolleita coma capital cantonal, logo de varias décadas de rotación da cidade capital entre Lugano e a mesma Bellinzona. Actualmente, a cidade é a sede do goberno cantonal tesinés e do Tribunal Penal Federal. Neste momento, atópase en discusión a posibilidade de fusión da cidade, coas comunas limítrofes do distrito, coa idea de obter un mellor realce urbano e un maior peso tanto a nivel cantonal como a nivel nacional, ademais de obter maiores fontes de financiamento e reducir os custos da administración dunha rexión en crise económica.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade atópase situada no centro de cantón, a beiras do río Tesino. A localidade atópase nunha posición de camiños privilexiada. Da cidade parten as rutas cara aos pasos do San Gotardo, Lucomagno, San Bernardino e de Nufenen. Bellinzona está nunha altura de 238 metros sobre o nivel do mar, ten unha superficie de 19,84 km² e a súa poboación a decembro de 2006 era de 16 983 habitantes. Limita ao norte coa comuna de Gorduno, ao leste con Arbedo-Castione, ao sur con Sant'Antonio, Pianezzo e Giubiasco, e ao oeste con Monte Carasso.

Palacio de goberno do Cantón do Tesino.

A cidade é famosa polos seus tres castelos: Castelgrande, Montebello e Sasso Corbaro, os cales pertencen desde o ano 2000 ao Patrimonio da Humanidade da Unesco, así como a muralla do antigo burgo.

Divisións

[editar | editar a fonte]

A Comuna de Bellinzona comprende as seguintes circunscricións electorais:

  • Centro Sud.
  • Centro Nord.
  • Daro (fracción).
  • Carasso e Galbisio (fracción).
  • Ravecchia (fracción).
  • Semine.
  • Gerretta.
  • Pedemonte.
  • Artore (fracción).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]