Dario Amodei
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1983 |
| Educación | Universidade de Princeton |
| Director de tese | William Bialek (pt) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Intelixencia artificial |
| Ocupación | investigador da intelixencia artificial, emprendedor tecnolóxico |
| Empregador | Anthropic PBC, président-directeur général (en) OpenAI, Vice President of Research (en) |
| Patrocinador | Hertz Foundation (en) |
| Obra | |
Obras destacables | |
| Familia | |
| Cónxuxe | Cami Clark (2022–) |
| Irmáns | Daniela Amodei |
| Premios | |
| |
| Sitio web | darioamodei.com |
Dario Amodei , nado en San Francisco (California) en 1983, é un investigador e empresario estadounidense en intelixencia artificial. É cofundador e director executivo de Anthropic, a empresa responsábel da serie de modelos de linguaxe Claude. Anteriormente, foi vicepresidente de investigación en OpenAI.[1] [2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]É catro anos máis vello que a súa irmá, Daniela Amodei, tamén cofundadora de Anthropic. O seu pai era Riccardo Amodei, un artesán italiano do coiro. A súa nai, Elena Engel, é xudía-americana, nada en Chicago e traballou como xestora de proxectos para bibliotecas.[3]
Formación
[editar | editar a fonte]Dario creceu en San Francisco, graduouse no instituto Lowell[4] e comezou os seus estudos de posgrao en Caltech, onde traballou con Tom Tombrello como un dos estudantes de Física 11. Máis tarde trasladouse á Universidade Stanford, onde obtivo a súa licenciatura en física.[5] Tamén ten un doutoramento en física pola Universidade de Princeton, onde estudou electrofisioloxía de circuítos neuronais.[6] Foi investigador posdoutoral na Facultade de Medicina da Universidade de Stanford.[7]
Carreira
[editar | editar a fonte]De novembro de 2014 a outubro de 2015 traballou en Baidu. Despois diso, traballou en Google[8] e en 2016, Amodei uniuse a OpenAI.[9]
En 2021 Dario Amodei e a súa irmá Daniela fundaron Anthropic xunto con outros antigos membros sénior de OpenAI. Os irmáns Amodei estiveron entre os que deixaron OpenAI debido a diferenzas de dirección.[10]
En xullo de 2023 Amodei advertiu a un panel xudicial do Senado dos Estados Unidos sobre os perigos da IA, incluídos os riscos que supón para o desenvolvemento e o control de armamentos.[11]
En novembro de 2023 o consello de administración da OpenAI contactou con Amodei para substituír Sam Altman e posibelmente fusionar as dúas empresas emerxentes. Amodei rexeitou ambas ofertas. [12]
En outubro de 2024 Amodei publicou o ensaio Machines of Loving Grace ("Máquinas de amorosa graza"), no que especulaba sobre como a IA podería mellorar o benestar humano.[13] [14]
En 2025 a revista Time incluíu a Amodei na lista das 100 persoas máis influentes do mundo.[15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Roose, Kevin (11 de julho de 2023). "Inside the White-Hot Center of A.I. Doomerism" (en inglés).
- ↑ Oreskovic, Alexei (11 de julho de 2023). "Anthropic CEO A.I. risks: short, medium, and long-term" (en inglés).
- ↑ Levy, Steven. "If Anthropic Succeeds, a Nation of Benevolent AI Geniuses Could Be Born". Wired (en inglés). ISSN 1059-1028. Consultado o 28 de março de 2025.
- ↑ "Lowell Alumni Newsletter Winter 2008 by Lowell Alumni Association" (en inglés). 23 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2025. Consultado o 02 de marzo de 2026.
- ↑ Fuller-Wright, Liz (12 de setembro de 2023). "TIME Magazine's TIME100 artificial intelligence list honors six Princetonians" (en inglés).
- ↑ "Verification Required - Princeton University Library". dataspace.princeton.edu. Consultado o 2026-03-02.
- ↑ "Dario Amodei, PhD" (en inglés).
- ↑ "Dario Amodei". LinkedIn (en inglés).
- ↑ Hao, Karen (17 de fevereiro de 2020). "The messy, secretive reality behind OpenAI's bid to save the world" (en inglés).
- ↑ Goldman, Sharon (7 de abril de 2023). "As Anthropic seeks billions to take on OpenAI, 'industrial capture' is nigh. Or is it?" (en inglés).
- ↑ "Anthropic's Amodei Warns US Senators of AI-Powered Weapons" (en inglés). 25 de julho de 2023.
- ↑ "OpenAI's board approached Anthropic CEO about top job and merger" (en inglés). 21 de novembro de 2023.
- ↑ Amodei, Dario (11 de outubro de 2024). "Dario Amodei — Machines of Loving Grace" (en inglés). Consultado o 18 de novembro de 2024.
- ↑ Sullivan, Mark (17 de outubro de 2024). "Anthropic CEO Dario Amodei pens a smart look at our AI future". Fast Company (en inglés).
- ↑ "Dario Amodei: The 100 Most Influential People of 2025" (en inglés). 16 de abril de 2025. Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2025. Consultado o 18 de abril de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dario Amodei |