Saltar ao contido

Dominio euclidiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominio euclidiano
 Subclase de
 Epónimo
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02tb6 Editar o valor en Wikidata
MathWorldEuclideanDomain Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC23719512 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

En matemáticas, máis concretamente en álxebra abstracta e teoría de aneis, un dominio euclidiano ou anel euclidiano (normalmente abreviado DE ) é un anel conmutativo no que se pode definir unha función euclidiana que permite xeneralizar a noción de división euclidiana habitual nos enteiros. Este algoritmo euclidiano xeneralizado pode usarse para os mesmos propósitos que o algoritmo euclidiano orixinal sobre o anel de enteiros: nun dominio euclidiano este algoritmo pódese usar para calcular o máximo común divisor de dous elementos calquera. En particular, o máximo común divisor de dous elementos sempre existe -o que xeralmente non é certo para un anel arbitrario- e pódese expresar como unha combinación linear deles (identidade de Bezout).[1] Ademais, todo ideal dun dominio euclidiano é principal,[2] o que implica que o teorema fundamental da aritmética pode ser xeneralizado: cada dominio euclidiano é un dominio de factorización única .[3]

Definición

[editar | editar a fonte]

Un dominio euclidiano é un par (A,ϕ) onde A É un dominio de integridade e ϕ é unha aplicación ϕ:A∖{0}⟶ℕ∪{0} que reúne as dúas condicións seguintes:[4]

1. Para calquera a,b∈A tal que b≠0 é certo que existen q,r∈A para que

(1)

a=bq+r; \ tal que r=0, ou ben  ϕ(r)<ϕ(b)

2 Para dous elementos calquera a,b∈A∖{0} :

(2)

ϕ(a)≤ϕ(a⋅b)

os elementos q e r chámanse respectivamente cociente e resto, como na división habitual.

Algúns autores consideran que a segunda condición é redundante e pode omitirse da definición.[5]

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

Varios autores fan referencia á función ϕ, (que define un dominio euclidiano), con diferentes nomes: “aplicación (ou función) euclidiana”, “función de medida” (ou tamaño),[6] “grao” ou “función norma”.[7] Nalgúns contextos fálase da "norma euclidiana",[8] aínda que este nome pode levar a confusión coa norma vectorial que define a distancia usual.

É importante ter en conta que a función norma só toma valores enteiros, aínda que nalgún caso particular pode ampliarse ϕ ao conxunto completo de números reais.

Os seguintes son exemplos de aneis que son dominios euclidianos:

  • Se tomamos o conxunto de números enteiros ℤ e como norma euclidiana tomamos o valor absoluto |⋅|, temos un dominio euclidiano, xa que |a|≤|ab| para todo a,b∈ℤ con b≠0. Usando esta definición, a propiedade (1) é equivalente ao algoritmo de división habitual entre números enteiros.
  • En todo corpo 𝕂 pódese definir unha norma euclidiana, tomando esta como a función constante 1, xa que, para calquera elemento a e b de 𝕂, as dúas propiedades son satisfeitas dun xeito trivial, a saber:
  1. tomando q=a/b temos que r=0.
  2. 1=ϕ(a)≤ϕ(a⋅b)=1.
  • Considerando o anel de polinomios nunha variable 𝕂[x] con coeficientes nun corpo 𝕂 e como norma euclidiana a función
grad:𝕂[x]−{0}⟶ℕ∪{0}
que a todo polinomio distinto de cero de 𝕂[x] asigna o seu grao, o resultado é un dominio euclidiano.
  • no anel de enteiros gaussianos, se para cada elemento α=a+bi, onde a,b∈ℤ, definimos a súa norma como N(α)=a2+b2, temos un dominio euclidiano.

Os seguintes son exemplos de aneis que non son dominios euclidianos:

  • En xeral, o anel de polinomios con coeficientes nun anel A aínda que o propio A é un dominio euclidiano. Por exemplo ℤ[X] non é un dominio euclidiano aínda que ℤ si o é. (A diferenza do caso xeral co exemplo no que o anel de polinomios si que é dominio euclidiano é que non temos definida unha norma que cumpra a condición requirida, que si cumpre a norma definida polo grao do polinomio).

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Nun dominio euclidiano, a identidade multiplicativa, o elemento 1A, sempre ten a menor norma posíbel, é dicir. ϕ(1A)=1. Todas as unidades do anel teñen a mesma propiedade: ∀u∈A:u  é unidade ⟹ϕ(u)=1.[9]

Todo dominio euclidiano A cumpre as seguintes propiedades:

  1. 1 2 (Cohn 2012, p. 112)
  2. 1 2 (Artin 2010, p. 362)
  3. 1 2 (Artin 2010, p. 365)
  4. ↑ Gallian 2012, p. 337.
  5. ↑ Rogers, Kenneth (1971). "The Axioms for Euclidean Domains" 78 (10). Mathematical Association of America: 1127–1128. JSTOR 2316324. Zbl 0227.13007. doi:10.2307/2316324.
  6. ↑ Gallian (2012) e Artin (2010) chámanlle «medida» (the measure) e «tamaño» (size function) respectivamente.
  7. ↑ Cohn (2012) refírese a ela como norm function.
  8. ↑ Por exemplo Jackson (1995).
  9. ↑ Jackson 1995, p. 145.
  10. ↑ Gallian 2012, p. 330.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]