Saltar ao contido

Espiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espiel
 Nome oficial
    Espiel (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.473 (2001) rexistro civil
2.418 (2002) rexistro civil
2.434 (2003) rexistro civil
2.379 (2004) rexistro civil
2.386 (2005) rexistro civil
2.422 (2006) rexistro civil
2.447 (2007) rexistro civil
2.467 (2008) rexistro civil
2.481 (2009) rexistro civil
2.484 (2010) rexistro civil
2.460 (2011) rexistro civil
2.464 (2012) rexistro civil
2.459 (2013) rexistro civil
2.438 (2014, 2018) rexistro civil
2.508 (2015) rexistro civil
2.487 (2016) rexistro civil
2.474 (2017) rexistro civil
2.438 (2018) rexistro civil
2.397 (2019) rexistro civil
2.405 (2020) rexistro civil
2.424 (2021) rexistro civil
2.423 (2022) rexistro civil
2.386 (2023) rexistro civil
2.341 (2024) rexistro civil
2.326 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   1.190 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   1.207 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   436 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   548 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal14220 Editar o valor en Wikidata
Código INE14026 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343209 Editar o valor en Wikidata
VIAF125453263 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z7fbq Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX457876
Wikidata C:Commons

Espiel é un municipio español da provincia de Córdoba, Andalucía. No ano 2005 tiña 2.386 habitantes. A súa extensión superficial é de 436 km² e tiña unha densidade de 5,5 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 11' N, 5º 01' O. Atópase a unha altitude de 548 metros e a 50 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

A súa estratéxica situación no centro do val do Guadiato influíu sobremaneira no asentamento protohistórico nas terras de Espiel, atopándose unha gran cantidade de xacementos do calcolítico, do megalítico etc. Destacar os asentamentos da Estrella, La Alhondiguilla ou El Vacar, e o achado dun ídolo-placa en serpentina verde con diversos gravados.

Para rematar é importante apuntar o conxunto arqueolóxico do Germo constituído por unha basílica e un baptisterio visigodos, erixidos cara ao 600 d.C.

O castelo musulmán de El Vacar é unha fortaleza da época califal construída en tempos da al-Hakam II e que Fernando III doou a Córdoba no 1237.

Os primeiros indicios de civilización corresponden á época romana. Na localidade estivo asentada a poboación de Siciliana, quedando restos do seu asentamento como moedas ou sepulcros. Trala Reconquista pasou a pertencer ao señorío de Córdoba, e xa no ano 1546 Pedro Sánchez de Sepúlveda gañou unha provisión para que a vila tivese alcalde, alguacil e escribano. Dese modo evitábanse as molestias orixinadas aos seus veciños cando tiñan que ir a Villanueva para os seus negocios e outorgamentos de escrituras. No século XVII foi comprada por Don Juan Jiménez de Góngora, logo marqués de Almodóvar de Trasserra. Os veciños espeleños dan crédito á tradición de que o pobo remóntase nos seus inicios a unhas chozas (feitas por uns cabreiros nos actuais asentamentos da vila), as que despois se converteron en casas que se foron amontoando aos poucos, aínda que non se precisa en que momento. Este territorio estivo na antigüidade moi poboado de aldeas, contándose ademais os asentamentos dalgúns soados mosterios de cuxos edificios coñecense aínda as ruínas, parte das cales pertencen ao termo de Villaviciosa. Pero, sen ningunha dúbida, o achado máis singular dos levados a cabo en Espiel é o da campá do abade Samson, descuberta nun pozo desta localidade. Hoxe gárdase no Museo Arqueolóxico de Córdoba e está considerada como a máis antiga do país.[Cómpre referencia]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno23102340237024002430246024902520200020052010201520202025EspielEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Espiel - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía