O estado de Lagos é unha división administrativa da República Federal de Nixeria, localizada na parte suroeste desta, creado o 27 de maio de 1967. A súa capital é a cidade de Ikeja. É o menor dos estados de Nixeria, aínda que sendo o segundo estado máis populoso despois de Kano, como tamén o estado economicamente máis importante do país. Contén a maior área urbana nacional, Lagos. A estimación do censo do 2006 apuntaba unha poboación de 9013534 habitantes, nunha área de 3.475,1km².
Divisións administrativas e áreas de goberno local