Saltar ao contido

François Englert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrançois Englert

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Etterbeek Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xuño de 2026 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Uccle Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Libre de Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica teórica, física, física de partículas, teoria das supercordas (pt) Traducir e cosmoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, profesor universitario, físico teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell
Universidade de Tel Aviv
Universidade Libre de Bruxelas
Chapman University (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Interesado enFísica Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
ParentesYvon Englert, sobrinho fraterno Editar o valor en Wikidata
Premios

O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932 e finado en Uccle o 18 de xuño de 2026,[1][2] foi un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén foi Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel,[3] e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

François Englert era un sobrevivente do Holocausto,[5] nacido no seo dunha familia xudía. Durante a ocupación alemá de Bélxica, na segunda guerra mundial, tivo que ocultar a súa identidade xudía vivindo en orfanatos e fogares para nenos nas diferentes cidades belgas de Dinant, Lustin, Stoumont e, por último, Annevoie-Rouillon, onde foi liberado polo Exército dos Estados Unidos.

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

Graduouse como enxeñeiro eléctrico-mecánico en 1955 da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde obtivo o seu doutoramento en ciencias físicas en 1959. Desde 1959 até 1961, traballou na Universidade Cornell, primeiro como investigador asociado de Robert Brout e logo como profesor adxunto. A continuación, regresou á ULB, onde se converteu nun profesor universitario e uniuse alí por Robert Brout. A partir de 1980 encabezaron o grupo de física teórica. En 1998 converteuse en Emeritus.

O mecanismo Brout-Englert-Higgs

[editar | editar a fonte]

En colaboración con Robert Brout, propuxo o mecanismo de Brout-Englert-Higgs para explicar a masa de partículas elementais.[2][6] Un mecanismo similar foi proposto simultaneamente por Peter Higgs[7] a cuxo nome se asocia o bosón de Higgs, tamén chamado bosón de Brout-Englert-Higgs.[8] En 2012, os experimentos ATLAS e CMS do Gran Colisor de Hadróns do CERN confirmou a existencia da partícula.[2]

https://www.milenio.com/ciencia-y-salud/muere-francois-englert-nobel-fisica-padre-boson-higgs

O Mecanismo Brout-Englert-Higgs é o fundamento da teoría electrodébil de partículas elementais e sentou as bases dunha visión unificada das leis básicas da natureza.

Premios e condecoracións

[editar | editar a fonte]

Concedéuselle, xunto con Robert Brout e Peter Higgs, o Premio de Altas Enerxías e Partículas da Sociedade Europea de Física en 1997 e o Premio Wolf de Física en 2004 polo mecanismo que unifica a curto e longo alcance interaccións a través da xeración masiva de bosóns vectores gauge. Fixo importantes contribucións á física estatística, teoría cuántica de campos, a cosmoloxía, a teoría de cordas e supergravidade.[9]

En 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica xunto a Peter Higgs e o CERN.[2]

Por real Decreto, o 8 de xullo de 2013 François Englert foi ennobrecido como barón polo rei Alberte II de Bélxica.

  1. ↑ "Le belge François Englert, prix Nobel de physique pour la découverte du "boson de Higgs", est décédé à l’âge de 93 ans" (en francés). RTBF. 19 de xuño de 2026. Consultado o 20 de xuño de 2026.
  2. 1 2 3 4 Paz, Adriana (19 de xuño de 2026). "Muere François Englert, el físico belga que descubrió el bosón de Higgs y ganó el Premio Nobel". milenio.com (en castelán). Consultado o 7 de outubro de 2026.
  3. ↑ Tel Aviv University Sackler Professor Wins Nobel Prize Consultado o 23 de xullo de 2014.
  4. ↑ Royal Swedish Academy of Sciences, ed. (8 de outubro de 2013). "The Nobel Prize in Physics 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2014.
  5. ↑ USC Shoah Foundation Institute testimony of Francois Englert - USHMM Collections Search Consultado o 23 de xullo de 2014.
  6. ↑ F. Englert and R. Brout Phys.Rev.Lett. 13 321 (1964).
  7. ↑ P. W. Higgs Phys.Rev.Lett. 13 508 (1964).
  8. ↑ P. W. Higgs Physics Letters 12 132 (1964).
  9. ↑ "Publication list" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2007. Consultado o 08 de xullo de 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]