Saltar ao contido

Fulmarus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fulmarus
 Nome taxon
    Fulmarus
Imaxe
 Instancia de
Características
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeProcellariiformes
FamiliaProcellariidae
XéneroFulmarus Editar o valor en Wikidata
Stephens, 1826 Fulmarus Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01dm_2 Editar o valor en Wikidata
ITIS174535 Editar o valor en Wikidata
OTT1028835 Editar o valor en Wikidata
CoL4LCC Editar o valor en Wikidata
EOL45511279 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Fulmarus (os fulmares) é un xénero de aves mariñas da familia dos proceláridos con dúas especies actuais e dúas especies fósiles coñecidas. Lembran superficialmente a gaivotas, pero diferéncianse en que teñen tubos nasais característicos e unha forma distinta de voar que a das gaivotas coas ás ríxidas, e non pertencen á familia das gaivotas, senón á dos proceláridos. Xeralmente reprodúcense facendo un niño no chan en cantís, onde poñen un, ou raramente dous, ovos. Fóra da estación reprodutora son peláxicos, alimentándose de peixes, luras e gambas en mar a fóra. Producen un aceite estomacal fedorento que poden lanzar contra os seus inimigos e tamén lles serve como fonte enerxética de reserva.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome xenérico Fulmarus deriva das palabras do nórdico antigo fúll, 'fedorento' e már 'gaivota', en referencia ao mal cheiro do seu aceite estomacal, que poden lanzar contra os intrusos.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Existen dúas especies de fulmares, que ocupan o mesmo nicho ecolóxico, unha na zona ártica e outra na antártica. O fulmar do Ártico ou boreal é a especie Fulmarus glacialis, que vive no norte do Atántico e do Pacífico. O fulmar do Antártico é o Fulmarus glacialoides que vive nos océanos do sur nas rexións antárticas. A especie do norte é gris e branca e ten bico amarelo, mide de 43 a 52 cm de lonxitude e de 102 a 112 cm de envergadura.[3] A especie do sur é de cores máis claras coa punta do bico negra e mide de 45 a 50 cm de lonxitude e de 115 a 120 cm de envergadura.

Describíronse ademais dúas especies prehistóricas fósiles atopadas na costa do Pacífico en California: Fulmarus miocaenus (da Formación Temblor do Oligoceno-Mioceno) e Fulmarus hammeri (do Mioceno).[4]

  1. ↑ Double, M. C. (2003)
  2. ↑ Gotch, A. T. (1995)
  3. ↑ Maynard, B. J. (2003)
  4. ↑ Howard, Hildegard (1984). "Additional Avian Records from the Miocene of Kern County, California with the Description of a New Species of Fulmar". Bull. Southern California Acad. Sci. 83 (2): 84–89. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]