Loudenvielle é unha pequena aldea de 261 habitantes conforme o censo de 1999, situada na base dos Pireneos. A altitude do núcleo é de 960 m, pero nalgúns puntos o concello acada os 3.130 m. A extensión é de 42,65km².
Loudenvielle está localizada no val de Louron, que lle dá nome á estación de esquí, e dentro do País de Aura e a 60km de Banhèras. A estación de esquí de Val-Louron, localizada no concello, ten 18 pistas de esquí de fondo (15km) e 11 remontes. Tamén próximo ao lugar de Loudenvielle está o lago de Génos, tamén chamado lago de Génos-Loudenvielle.