Saltar ao contido

Manuel Valls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Valls

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Carlos Valls Galfetti Editar o valor en Wikidata
13 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Horta, Barcelona Editar o valor en Wikidata
Minister for Overseas France (en) Traducir
23 de decembro de 2024 – 12 de outubro de 2025
← François-Noël Buffet – Naïma Moutchou →
Membro do gabinete: Bayrou government (en) Traducir, First Lecornu government (en) Traducir
Concelleiro de Barcelona
15 de xuño de 2019 – 31 de agosto de 2021
Q67201539 Traducir
21 de xuño de 2017 – 3 de outubro de 2018 – Francis Chouat →

Circunscrición electoral: Essonne's 1st constituency (en) Traducir
Q67201539 Traducir
6 de xaneiro de 2017 – 20 de xuño de 2017
← Carlos Da Silva (pt) Traducir

Circunscrición electoral: Essonne's 1st constituency (en) Traducir
Primeiro ministro de Francia
31 de marzo de 2014 – 6 de decembro de 2016
← Jean-Marc Ayrault – Bernard Cazeneuve →
Membro do gabinete: First Valls government (en) Traducir
Q67201539 Traducir
20 de xuño de 2012 – 21 de xullo de 2012 – Carlos Da Silva (pt) Traducir →

Circunscrición electoral: Essonne's 1st constituency (en) Traducir
Ministro do Interior de Francia
16 de maio de 2012 – 31 de marzo de 2014
← Claude Guéant – Bernard Cazeneuve →
Membro do gabinete: Second Ayrault government (en) Traducir
Q67201539 Traducir
20 de xuño de 2007 – 16 de xuño de 2012

Circunscrición electoral: Essonne's 1st constituency (en) Traducir
Q67201539 Traducir
19 de xuño de 2002 – 19 de xuño de 2007
← Jacques Guyard

Circunscrición electoral: Essonne's 1st constituency (en) Traducir
Mayor of Évry (en) Traducir
18 de marzo de 2001 – 24 de maio de 2012 – Francis Chouat →
Member of the regional council of Île-de-France (en) Traducir
21 de marzo de 1986 – 20 de xuño de 2002 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís (2016–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade París I Panthéon-Sorbonne Editar o valor en Wikidata
Altura1,76 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, profesións liberais e semellantes Editar o valor en Wikidata
Partido políticoValents (pt) Traducir (2019–)
Partido Socialista (1980–2017) Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSusana Gallardo (2019–)
Anne Gravoin (2010–2018)
Nathalie Soulié (1987–2007) Editar o valor en Wikidata
PaisXavier Valls Editar o valor en Wikidata  e Luisangela Galfetti Editar o valor en Wikidata
IrmánsGiovanna Valls Editar o valor en Wikidata
ParentesAurelio Galfetti, tío materno
Manuel Valls i Gorina, tío segundo
Magí Valls i Martí, avó paterno
Josep Maria Valls i Vicens, bisavó
Roser Capdevila, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1808304 Rottentomatoes: celebrity/manuel_valls
Facebook: manuelvalls Twitter: manuelvalls WikiTree: Valls_Galfetti-1 Editar o valor en Wikidata

Manuel Carlos Valls Galfetti, nado en Barcelona o 13 de agosto de 1962, é un político francés de orixe española, coñecido como Manuel Valls. Foi Primeiro ministro de Francia do 31 de marzo de 2014 ao 6 de decembro de 2016, cargo ao que accedeu investido polo presidente François Hollande tras a dimisión do socialista Jean-Marc Ayrault.

Foi alcalde de Évry de 2001 a 2012 e deputado na Asemblea Nacional de Francia por Essonne de 2002 a 2012 e desde 2017. Foi Ministro de Interior de Francia, Alcalde de Évry e Conselleiro rexional da Illa de Francia. Dimitiu como Primeiro ministro de Francia para presentarse ás primarias socialistas para as eleccións presidenciais de 2017.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Manuel Carlos Valls recoñécese como «fillo de español» porque veu ao mundo en Barcelona, xa que «eran as vacacións, e os meus pais, que vivían en Francia, quixeron que o seu fillo maior nacese alí».[Cómpre referencia] «Son o fillo dun pintor español e dunha nai suíza italiana que elixiron Francia pola súa beleza, pola súa grandeza, pola súa dozura».[1][2]

O seu avó paterno era católico e fundador do xornal católico El Matí. Durante a Guerra Civil Española, ocultou na súa casa a sacerdotes perseguidos polos trotskistas e os anarquistas. Despois da vitoria de Franco prohibíuselle exercer a súa profesión. O seu pai, o pintor Xavier Valls, tamén nacido en Barcelona, emigrou a París a finais dos anos 40, onde coñeceu á súa esposa Luisangela Galfetti, irmá do arquitecto suízo Aurelio Galfetti.[3][4] Debido ás diferentes orixes da súa familia, fala con fluidez o francés, catalán, castelán[5] e italiano.[6][5]

Nun programa de radio dedicado á música clásica, presentou ao musicólogo Manuel Valls i Gorina, compositor do Himno do Fútbol Club Barcelona, como primo seu.[7]

En 1980, con 17 anos, afíliase ao Partido Socialista francés (PS) da man de Michel Rocard. Dentro do PS defende á segunda esquerda, a de Rocard, máis pragmática, fronte á de François Mitterrand. Durante os seus estudos de Historia na Universidade de París I Panthéon-Sorbonne, forma parte do sindicato socialista de estudantes, o UNEF-IDE. En 1982 nacionalizouse francés.

Entre 1983 e 1986 estivo vinculado ao parlamentario Robert Chapuis, deputado por Ardèche, e en 1988 sucedeu a Henri Kaminska como cabeza do PS de Argenteuil-Bezons. Con 24 anos foi elixido para o Consello Rexional de Illa de Francia, do que se converte en vicepresidente primeiro en 1998. Entre 1991 e 1993 é delegado adxunto interministerial dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 celebrados en Albertville. Seguidamente convértese en secretario nacional de comunicación do Partido Socialista e tamén en primeiro secretario da federación en Val do Oise. Posteriormente encárgase da comunicación e relacións coa prensa do gabinete de Lionel Jospin, Primeiro Ministro de Francia entre 1997 e 2002.

En marzo de 2001 e en 2008 foi elixido alcalde de Évry e en 2002 deputado na Asemblea Nacional de Francia pola Primeira Circunscrición de Essonne, sendo reelixido en 2007.

Na sucesión de François Hollande á fronte do PS en novembro de 2008, toma partido a favor de Ségolène Royal.[8] Por mor dos resultados (que considera controvertidos), reclama a arbitraxe dos tribunais ante as sospeitas de fraude electoral nos bastións de Norte e de Sena Marítimo, favorables a Martine Aubry.

O 13 de xuño de 2009, Manuel Valls anuncia a súa intención de disputar as primarias do Partido Socialista para converterse en candidato nas eleccións presidenciais de Francia de 2012.[9] Pero en xullo de 2009, as súas relacións con Martine Aubry non están no seu mellor momento.[10]

Tras as eleccións, o novo Presidente da República François Hollande nomea un novo Goberno no que Manuel Valls ocupa a carteira de Ministro do Interior[11]

O 31 de marzo de 2014, tras un mal resultado do Partido Socialista nas eleccións municipais do día anterior e a dimisión do Primeiro Ministro Jean-Marc Ayrault, o presidente François Hollande anuncia o nomeamento de Manuel Valls como novo Primeiro Ministro de Francia.[12]

Orientacións políticas

[editar | editar a fonte]

Manuel Valls sitúase na "á dereita" do Partido Socialista, aínda que se define máis ben como "blairista", en particular debido á súa insistencia sobre temas como a seguridade, a responsabilidade individual ou a "denegación da asistencia".[13][13][14][15] Desexa "reconciliar a esquerda co pensamento liberal" e nese sentido declárase "clintoniano".[16][17][18]

En 2005, ante o referendo sobre o Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa, defende o "non" en primeira instancia. Non obstante, despois do referendo interno de decembro de 2004, onde o "si" sae vencedor, participa, por disciplina de partido, na campaña do PS en favor da opción afirmativa.[19] Vota con outros cargos electos de esquerda para a reforma do título XV da constitución, que permite a ratificación do Tratado de Lisboa (2007) na Asemblea Nacional de Francia o 4 de febreiro de 2008.[20]

Avoga por unha prolongación do número de anos de cotización para fixar a idade de xubilación e "a aliñación dos réximes especiais de xubilación sobre o réxime xeral".[21]

Valls, "para terminar co vello socialismo [...] e ser por fin de esquerdas", di "si ás cotas de inmigración", aproba a prolongación da cotización a 41 anos e critica as manifestacións anti-transxénicos e antinucleares.[22]

[23]

Cargos políticos

[editar | editar a fonte]

A nivel local

[editar | editar a fonte]
  • 17/03/1986 - 22/03/1992: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 11/03/1989 - 18/06/1995: 12º tenente de alcalde de Argenteuil.
  • 18/06/1995 - 31/12/1998: 2º tenente de alcalde de Argenteuil.
  • 1989 - 2000: Concelleiro de Argenteuil.
  • 23/03/1992 - 15/03/1998: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 16/03/1998 - 20/06/2002: Vicepresidente primeiro do consello rexional de Illa de Francia.
  • 20/06/2002 - 18/11/2002: Membro do consello rexional de Illa de Francia.
  • De 18/03/2001 a 2012: Alcalde de Évry.
  • Desde o 07/04/2008: Presidente da comunidade de aglomeración Évry Centro Essonne.

No Partido Socialista

[editar | editar a fonte]
  • 1993 - 1994 e 1995 - 1997: Secretario nacional, encargado da comunicación do PS.
  • 2003 - 2004: Secretario nacional do PS, encargado da coordinación e a organización.
  • Desde 1993: Membro do buró nacional e do consello nacional do PS.
  1. ↑ Pagola, J. (24 de decembro de 2013). "Manuel Valls, un amigo de España". ABC.
  2. ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2014. Consultado o 26 de xullo de 2016.
  3. ↑ Dufay, François (03/08/2007). "« L'homme qui veut être le Sarko de la gauche»". Le Point (en francés). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2016..
  4. ↑ «Manuel Valls, socialiste français, fils de Luisangela» Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Swissinfo, 14 de julio de 2008.
  5. 1 2 g Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  6. ↑ Véase entrevista en el programa " Arquivado 07 de abril de 2014 en Wayback Machine. La nit al dia", el 28 de noviembre de 2005.
  7. ↑ « Manuel Valls ouvre les fenêtres de la musique» Arquivado 16 de maio de 2010 en Wayback Machine., par Olivier Bellamy, Radio Classique, 16/05/2008.
  8. ↑ Un catalán con mano dura dirigirá a los gendarmes franceses en el fin de ETA Arquivado 02 de setembro de 2012 en Wayback Machine., ElConfidencial.com, 17 de mayo de 2012.
  9. ↑ "Manuel Valls candidat à des primaires socialistes". Le Nouvel Observateur (en francés). 16 de junio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 26 de xullo de 2016..
  10. ↑ "PS: Valls-Aubry, le duo de trop", Jean-Pierre Thiollet, France Soir, 17 de julio de 2009 (en francés) Arquivado 04 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  11. ↑ «Hollande nombra el primer Gobierno paritario de la historia de Francia», El País, 16 de mayo de 2012.
  12. ↑ http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/5989972/internacional/hollande-anuncia-que-manuel-valls-sera-el-nuevo-primer-ministro-de-francia
  13. 1 2 Le Point, n° 1820, 2 de agosto de 2007, p. 24-27.
  14. ↑ Seguidor de la política de Tony Blair.
  15. ↑ Le Canard enchainé, 5 de septiembre de 2007.
  16. ↑ «Manuel Valls se verrait bien candidat en 2012», Libération, 24 de abril de 2008
  17. ↑ Seguidor de la política de Bill Clinton.
  18. ↑ Pour en finir avec le vieux socialisme... et être enfin de gauche !, Manuel Valls, éditions Robert Laffont.
  19. ↑ « Les habits neufs de Manuel Valls», L'Express, 30 de agosto de 2007
  20. ↑ Compte rendu intégral de la séance du Congrès du Parlement, séance du lundi 4 de febrero de 2008.
  21. ↑ « “Il faudra aligner les régimes spéciaux sur le régime général”, admet Manuel Valls», La Tribune, 10 de septiembre de 2007.
  22. ↑ Michel Urvoy, « Valls, le social-réaliste qui secoue le PS», Ouest-France, 6 de mayo de 2008.
  23. ↑ Bernadette Sauvaget, « La loi de 1905, en toute modestie Arquivado 19 de xullo de 2009 en Wayback Machine.», Réforme, n° 3154, 12 de agosto de 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ASKOLOVITCH, Claude. Pour en finir avec le vieux socialisme… et être enfin de gauche. Éditions Robert Laffont. París, 2008.
  • MALABARD, Virginie. La laïcité en face. Éditions Desclée de Brouwer. París, 2005.
  • VALLS, Manuel. Les habits neufs de la gauche. Éditions Robert Laffont. París, 2006.