Saltar ao contido

Nobsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobsa
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1593 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Superficie
   55,39 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   2.510 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap11347687 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qmcc9 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Nobsa é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa na rexión do Alto Chicamocha. Conta, segundo os datos do censo de 2005, cunha poboación de 14.946 habitantes. Nobsa forma parte da provincia do Sugamuxi.

No eido económico, salienta como un importante centro artesanal de Boyacá, destacada principalmente polos seus traballos en la. Tamén destaca pola actividade industrial, polo sector cementeiro e mineiro que opera neste concello.

Fundada en 1593 e declarada municipio en 1811, limita polo norte cos concellos de Santa Rosa de Viterbo e Floresta, polo leste con Corrales e Tópaga, polo oeste con Tibasosa e Santa Rosa de Viterbo e polo sur con Sogamoso e Tibasosa.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Segundo a etimoloxía chibcha, Nobsa quere dicir “nome ilustre de persoa” e ten o carácter equivalente de nobreza na organización muisca.[1]

  1. ↑ (en castelán) Etymology Nobsa - Excelsio.net

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]