Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saturday Night Wrist
Título
Saturday Night Wrist (en)
Xénero artístico
Forma artística
Formato de distribución
Lingua
Produtor/a
Interpretado por
Selo discográfico
Data de publicación
2006
Wikidata
Saturday Night Wrist é o quinto álbum da banda estadounidense de nu metal Deftones , lanzado á venda o 31 de outubro de 2006 a través do selo Maverick Records .
A banda comezou a compoñer novos riffs logo de terminar á súa xira de 2003 e logo de intentar traballar no seu estudo durante un tempo, alugaron a casa de Malibú onde Incubus gravara o disco Morning View . Alí gravaron varias demos e, tras entrevistarse con varios produtores, optaron por gravar con Bob Ezrin en Connecticut no canto de traballar co seu produtor de tantos anos Terry Date .
Finalmente en abril a banda terminou a gravación do disco, esta vez con Shaun Lopez como produtor e participacións de Annie Hardy de Giant Drag na canción 'Pink Cell Phone' e Serj Tankian de System of a Down na canción 'Mein.'
O primeiro single do álbum foi "Hole in the Earth" e o seu vídeo dirixido por Brian Lazzaro.
"Hole in the Earth" (Deftones) - 4:09
"Rapture" (Deftones) - 3:25
"Beware" (Deftones) - 6:00
"Cherry Waves" (Deftones) - 5:17
"Mein" (con Serj Tankian ) (Deftones/Serj Tankian/Shaun Lopez) - 3:59
"U,U,D,D,L,R,L,R,A,B,Select,Start" (Deftones) - 4:12
"Xerces" (Deftones/Rick Verrett) - 3:42
"Rats!Rats!Rats!" (Deftones) - 4:00
"Pink Cellphone" (con Annie Hardy ) (Deftones/Annie Hardy) - 5:04
"Combat" (Deftones) - 4:46
"Kimdracula" (Deftones) - 3:15
"Rivière" (Deftones) - 3:45
Álbums de estudio Sinxelos