Saltar ao contido

Xàtiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xàtiva
 Nome orixinal
    Xàtiva (ca) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Xàtiva (ca) dende 1980 Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
xativina (ca)
xativí (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Historia
 Substitúe
Saetabis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
25.996 (2001) rexistro civil
26.520 (2002) rexistro civil
27.679 (2004) rexistro civil
28.222 (2005) rexistro civil
28.474 (2006) rexistro civil
28.597 (2007) rexistro civil
29.363 (2008) rexistro civil
29.386 (2009) rexistro civil
29.361 (2010) rexistro civil
29.469 (2011) rexistro civil
29.196 (2012) rexistro civil
29.400 (2013) rexistro civil
29.343 (2014) rexistro civil
29.095 (2015) rexistro civil
28.973 (2016) rexistro civil
29.070 (2017) rexistro civil
29.045 (2018) rexistro civil
29.231 (2019) rexistro civil
29.623 (2020) rexistro civil
29.459 (2021) rexistro civil
29.637 (2022) rexistro civil
30.072 (2023) rexistro civil
30.378 (2024) rexistro civil
31.008 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   14.943 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   14.288 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   76,56 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   115 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal46800 Editar o valor en Wikidata
Código INE46145 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343332 Editar o valor en Wikidata
VIAF159510769 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bdn36 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX451988
Wikidata G:Commons C:Commons

Xàtiva é unha cidade da Comunidade Valenciana, capital da comarca da Costera. Historicamente, Xàtiva foi unha das poboacións máis importantes do Reino de Valencia, rivalizando ata con Valencia e Orihuela, as outras dúas cidades máis importantes na época foral. Así, como Orihuela e Segorbe tiñan a súa sede episcopal, Xàtiva era a segunda cidade en votar en cortes.

Actualmente ten 30.334 habitantes, incluíndo as pequenas pedanías integradas de Annauir, Sorió e Torre d'En Lloris. Malia o seu peso demográfico actual ser menor, continua a ser unha da cidade de referentes históricos e culturais.

Os habitantes de Xàtiva chámanse xativans, aínda que popularmente son coñecidos por socarrats, porque as tropas de Filipe V queimaron a cidade durante a Guerra de Sucesión Española. O ensañamento do rei foi tal con esta cidade que lle chegou a muda-lo nome polo de Nueva Colonia de San Felipe e os seus habitantes deportados cara á Mancha. Por este motivo o retrato deste rei esta cara a abaixo no Museu de L'Almodí da cidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Filipe V no Museu de l'Almodí de Xàtiva

Sitúase entre as cuncas do río Albaida e do seu afluente o río Cànyoles. O seu termo ten perímetro moi desigual, xa que fóra del ten varios enclaves territoriais, dos que destaca pola súa extensión o Realeng.

A cidade está enclavada aos pés do cerro do castelo (Castell). As súas ladeiras chegan a ocupar algunhas casas e esténdense ata a parte máis chá da veiga.

Vista de Xàtiva

Dende Valencia accédese a través da A-7 e a N-340. Tamén enlaza coa autovía A-35 ata Almansa e o centro peninsular. Tamén ten estación de ferrocarril da liña C-2 da rede de Proximidades de Valencia.

Barrios e pedanías

[editar | editar a fonte]

No termo municipal de Xàtiva atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:

  • Annauir
  • El Realenc
  • Sorió
  • Torre d'En Lloris

O clima en Xàtiva é mediterráneo. Porén, pola súa situación relativamente afastada da costa e entre vales, os veráns son máis calorosos que noutras zonas da Comunidade Valenciana. Rexistra frecuentemente as máximas de toda a zona e de toda a península no verán.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Xàtiva ten 29.459 habitantes (INE 2021) dos que un 9,0% son inmigrantes.[1]

Evolución demográfica de Xàtiva[2]
1707[3]1708[4]1787[5]1808[6]1814[7]1829[8]185718871900191019201930194019501960197019811991200020062007
12.00040012.66512.00010.87212.59615.74714.09912.60012.73714.14815.08718.26318.09219.89621.57823.75524.58625.47828.47430.334

Entre o censo de 1887 e o anterior, Xàtiva recibiu un incremento de poboación ao incorporarse o municipio desaparecido de Annauir.

Gastronomía e festas

[editar | editar a fonte]
Castelo de Xàtiva
Vista nocturna da catedral

Son pratos moi coñecidos o arroz ao forno e o arnadí. Dende 1250 celébrase por privilexio real de Jaume I a Fira de Xàtiva.

A celebración da Semana Santa tamén se vive con grande intensidade, así como a celebración do Corpus Christi, coa típica procesión de xigantes e cabezudos.

  1. ↑ Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  2. ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842.Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  3. ↑ Antes do Asedio de Xàtiva, segundo Isaïes Blesa Duet en A destrución de Xàtiva en 1707 e o goberno da cidade no exilio, ed.Ulleye,Xátiva,2007,pag.75
  4. ↑ idem.
  5. ↑ Un pouco máis de 12.000 segundo Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156
  6. ↑ MªPilar Hernando Serra e Ramon Aznar i Garcia, Xátiva durante a guerra do Francés, 1808-1814, Matéu Impresores,Xátiva, 2002, pax.25
  7. ↑ Idem.pax.103
  8. ↑ Ramon Martínez en Xátiva, Historia breve,Catro Follas, Valencia, 2004, pax.156